centro de documentación da AELG
Xoves, 2 de setembro de 2010
Procurar textos:Procura avanzada
Dono, Maite
BIOGRAFÍA

   Licenciada en Interpretación pola R.E.S.A.D. Comeza a súa trayectoria profesional cunha intensa actividade teatral. A súa faceta musical iníciase no ano 1998 co seu primeiro disco como solista Corazón de Brief, no que canta acompañada unicamente polo piano de Manuel Gutiérrez. O seu segundo traballo leva por título O mar vertical, que se completa cun libro de poemas homónimo.

   Ten participado en distintos traballos musicais de grupos e artistas como: Na lúa, La Musgaña, Alberto Conde, Carlos Beceiro, etc. E colaborado tamén con artistas doutras áreas en proxectos híbridos.

   Dende hai catro anos, experimenta poética e musicalmente co Intruso. As súas últimas aportacións á música son a participación no Projecto Miño de Baldo Martínez, e o dúo co contrabaixista en Sons Nús.

   Como poeta, publicou O mar vertical, 2000, e Desilencios, 2004.

[Marzo, 2010]