
Poeta e artista plástico, a súa obra esculca nos espazos que comparten a poesía e a pintura. Os seus libros de artista -Raíz do voo, As follas da memoria, Ut pictura poesis, Signos de cinza, entre outros- son o froito desta fusión.
Licenciado en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela, actualmente traballa como profesor de Lingua e Literatura Española no instituto de Valga (Pontevedra).
Ten publicado os seguintes libros de poesía: Raizames (Follas Novas Edicións, Santiago de Compostela, 2001), A árbore da cegueira (Espiral Maior, A Coruña, 2002), Los ojos de las palabras (Fundación María del Villar Berruezo, Tafalla, 2002), El sueño del murciélago (Pre-Textos, Valencia, 2003), Diario de una despedida (Amarú Ediciones, Salamanca, 2005), e aparecerá proximamente o poemario titulado Escura e transparente, na editora compostelá tresCtres Editores.
Recibiu, entre outros, os premios Arcipreste de Hita, María del Villar Berruezo, Concello de Carral, Rosalía de Castro, Ciudad de Tobarra, Celso Emilio Ferreiro, e recentemente foi galardoado co accésit do IV Certamen de Poesía Iberoamericana Víctor Jara.
A súa obra pictórica ten sido exposta en diferentes galerías do país e servido para ilustrar numerosos libros, revistas e plaquettes.
[Fotografía: Anxo Abalo]
[Novembro, 2003]


