Nacín en Vigo en 1966. Na actualidade traballo na xestión cultural e na comunicación. Son director, tamén, do Taller Literario Caixanova e do Taller de Poesía Caixanova.
No ano 1991 publiquei Amor de cinema, ao que lle seguiron Play-Back (Premio Lueiro Rey de Novela Curta, 1997), os libros de relatos A canción do náufrago (2001), Xeografías (finalista do Premio de Narrativa Erótica Positivas, 2001) e a novela histórica Memorial do infortunio (2003), traducida no 2004 ao castelán.
Polo de hoxe, os meus dous últimos libros son a novela Xeración perdida (2004) e o libro para mozos Un bosque cheo de faias (2004). No ano 1999 fun Premio de Xornalismo Manuel Reimóndez Portela e no 2002 obtiven O Facho de poesía.
[Xaneiro, 2005]


