
Nace en 1979 en Bueu (Pontevedra). Licenciada en Filoloxía Galega pola Universidade de Vigo, actualmente é bolseira desta universidade. Comeza a gañar os primeiros premios literarios durante a adolescencia (Minerva de poesía 1996, 1997) e o seu primeiro libro (Epiderme de estío, Espiral Maior) ve a luz no 2001 grazas ó Certame Concello de Carral. Ten no seu haber o Premio Universidade de Vigo de poesía (2000) e o Faustino Rey Romero (2000), entre outros. Participou en diversos volumes colectivos así como nas antoloxías Das sonorosas cordas (Eneida, 2005) e Poetízate. Antoloxía da poesía galega (Xerais, 2006).
[Agosto, 2006]


