Manuel
Ferreiro

Manuel Ferreiro Fernández (Saavedra, 1955) é licenciado (1978) e doutor (1990) en Filoloxía Hispánica (subsección: Galego-Portugués) pola Universidade de Santiago de Compostela. Na actualidade é catedrático de Filoloxías Galega e Portuguesa na Universidade da Coruña.

A súa actividade investigadora abala entre a Lingüística Histórica e mais a Ecdótica e a Crítica Textual: os dous volumes da Gramática Histórica Galega (1995-1997) inscríbense na primeira liña de investigación; co segundo núcleo de pesquisa están relacionados os traballos que teñen como obxecto o estudo e a edición de textos medievais, nomeadamente dos textos trobadorescos galego-portugueses, con participación e dirección de proxectos de investigación e coa publicación de diversos contributos e artigos especializados en revistas e libros colectivos, e mais monografías como As cantigas de Rodrigu’Eanes de Vasconcelos ou O Cancioneiro de Pero Mafaldo.

A figura e da obra de Eduardo Pondal nuclea outro centro de interese investigador no ámbito da Crítica Textual e do estudo da lingua literaria pondaliana, coa publicación de múltiplos estudos, nomeadamente os catro volumes da súa obra completa (1995-2005) e numerosos traballos e monografías sobre o Himno Galego.

En 2006 gañou o XVII Premio de Investigación “Losada Diéguez” 2006 pola edición d’Os Eoas pondalianos, e en 2014 foille concedido o IX Premio de Investigación 'Concepción Arenal' de Humanidades 2014 polo proxecto Glosario da poesía medieval profana galego-portuguesa (www.glossa.gal).

Actualmente dirixe a colección Documenta das Publicacións da Biblioteca-Arquivo “Francisco Pillado Mayor” da UDC.

Ademais de ser autor de numerosos relatorios, artigos e colaboracións en congresos, revistas e publicacións especializadas, publicou, entre outros, os seguintes libros:

- [1991] Pondal: Do dandysmo á loucura (Biografia e correspondéncia), Santiago de Compostela, Edicións Laiovento (304 pp.) [ISBN 84-87847-02-1].

- [1992] As cantigas de Rodrigu'Eanes de Vasconcelos. Edición crítica con introdución, notas e glosário, Santiago de Compostela, Edicións Laiovento (136 pp.) [ISBN 84-87847-14-5].

- [19941/19982] Luís de Camões: Doce Canto em Terra Alheia? Apêndice: Camões em Terra Alheia (Presenças Camonianas na Lírica Galega). Selecção, introdução, notas e apêndice de...., Santiago de Compostela, Edicións Laiovento (236 pp.) [ISBN 84-87847-41-2] (1998, 2ª ed. revisada [ISBN 84-89896-37-2]) (en colaboración con C.P. Martínez Pereiro e F. Salinas Portugal).

- [1995] Pondal, Eduardo: Poesía Galega Completa. Volume I: Queixumes dos Pinos. Ed. de..., Santiago de Compostela, Sotelo Blanco, 1995 [Introdución (LXXXIX pp.) + Textos e Variantes (192 pp.) + Notas críticas (134 pp.)] [ISBN 84-7824-144-2].

- [19951/19962/19963/19994] Gramática Histórica Galega. Volume I. Fonética e Morfosintaxe, Santiago de Compostela, Edicións Laiovento (442 pp.) [ISBN 84-87847-67-6] (Marzo 1996, 2ª ed.; Setembro 1996, 3ª ed.; 1999, 4ª ed. [ISBN 84-89896-43-7]).

- [1996] Historia da Literatura Galega. Cantiga de Amigo, Vigo, AS-PG/A Nosa Terra (250 pp.) [ISBN 84-921126-4-6] (en colaboración con C.P. Martínez Pereiro).

- [1996] Historia da Literatura Galega. Cantiga de Amor, Vigo, AS-PG/A Nosa Terra (253 pp.) [ISBN 84-921126-7-0] (en colaboración con C.P. Martínez Pereiro).

- [1996] Historia da Literatura Galega. Cantiga de Escarnio e de mal dizer, Vigo, AS-PG/A Nosa Terra (281 pp.) [ISBN 84-921126-6-2] (en colaboración con C.P. Martínez Pereiro).

- [1996] Historia da Literatura Galega. Cantigas de Santa Maria, Vigo, AS-PG/A Nosa Terra (240 pp.) [ISBN 84-921126-8-9] (en colaboración con C.P. Martínez Pereiro).

- [19961/19972] De Breogán aos Pinos. O texto do Himno Galego, Santiago de Compostela, Edicións Laiovento (1997, 2ª ed. revisada) (72 pp.) [ISBN 84-87847-97-8].

- [1997] Gramática Histórica Galega. Volume II. Lexicoloxía, Santiago de Compostela, Edicións Laiovento, 1997 (400 pp.) [ISBN 84-89896-07-0].

- [2001] Pondal, Eduardo: Poesía Galega Completa. Volume II: Poemas Impresos. Ed. de ..., Santiago de Compostela, Sotelo Blanco [Introdución (XIV pp.) + Textos e Variantes (120 pp.) + Notas críticas (214 pp.)] [ISBN 84-7824-144-2].

- [2002] Pondal, Eduardo: Poesía Galega Completa. Volume III: Poemas Manuscritos. Ed. de ..., Santiago de Compostela, Sotelo Blanco [Introdución (XXII pp.) + Textos e Variantes (251 pp.) + Notas críticas (344 pp.)] [ISBN 84-7824-406-9].

- [2002] Cabanillas, Ramón: A Virxe do Cristal. Lenda de Curros Enríquez axeitada para ópera, A Coruña, Biblioteca-Arquivo Teatral "Francisco Pillado Mayor" [Introdución (77 pp.) + Texto crítico (44 pp.) + Apéndice (70 pp.)] [ISBN 84-9749-035-5] (en colaboración con Goretti Sanmartín Rei).

- [2004] González, Cándido A.: ¡Mal Ollo!... Comedia de ambente mariñeiro. Estudo, edición e notas de M. Ferreiro e L. Tato Fontaíña, A Coruña, Biblioteca-Arquivo Teatral "Francisco Pillado Mayor" [Estudo introdutorio (29 pp.): "Análise lingüística de ¡Mal Ollo!..."] + Texto crítico e notas (62 pp.) + Apéndices (30 pp.)] [ISBN 84-9749-113-0].

- [2005] Pondal, Eduardo: Poesía Galega Completa. Volume IV: Os Eoas. Ed. de ..., Santiago de Compostela, Sotelo Blanco [Estudo Introdutorio (LXIII pp.) + Texto crítico (363 pp.) + Materiais complementarios (295 pp.)] [ISBN 84-7824-477-8].

- [2005] Manteiga, Luís: Intres [1934-35]. Ed. e estudo lingüístico de M. Ferreiro. Estudo literario de L. Tato ["Estudo lingüístico de Intres" (23 pp.) + Texto crítico (141 pp.)], Sada/A Coruña, Ediciós do Castro [ISBN 84-8485-213-X].

- [2007] Normas de edición para a poesía trobadoresca galego-portuguesa / Guidelines for the Edition of Medieval Galician-Portuguese Troubadour Poetry. Edición de Manuel Ferreiro, C.P. Martínez Pereiro e L. Tato Fontaíña, Universidade da Coruña. Servizo de Publicacións (68 pp.)] [ISBN 978-84-9749-247-8].

- [2007] De Breogán aos Pinos. O texto do Himno Galego, Santiago de Compostela, Edicións Laiovento (4ª ed. revisada) (112 pp.) [ISBN 978-84-8487-132-0].

- [2007] "O Himno. Historia, texto e música", in Barreiro Fernández, X.R. & Villares, R. (eds.): Símbolos de Galicia, Consello da Cultura Galega / Real Academia Galega, pp. 105-192 [ISBN 978-84-96530-46-I] (en colaboración con Fernando López-Acuña).

- [2007] O Himno Galego. Documentos Históricos (1890-1907), Universidade da Coruña / Universidade de Santiago de Compostela / Universidade de Vigo (108 pp.) [ISBN 978-84-9749-271-3].

- [2014] O Cancioneiro de Pero Mafaldo. Edición crítica, Santiago de Compostela, Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, 2014 (199 pp.) [ISBN 978-84-453-5167-3] (en colaboración con Leticia Eirín García).

[Outubro, 2015]