
- ¿é certo que vostede desexa ser Moisés?
- ben, o que si é verdade é que ante min ábrese a posibilidade de conducir ao meu pobo através do Sinaí
- ¿coñece vostede a desesperación do seu proxenitor?
- coñezo a represión do seu dexeso, finalmente non fun guindada (carriño de bebé incluído) desde a Ponte Nova
- isto ¿salvouna?
- máis ben ao meu pai, eu naturalmente sobreviviría
********************************************************************
- ¿recoñece a súa sinatura neste documento?
- recoñezo ser ávida lectora das páxinas do Fausto (Adrián Leverkühn)
- ¿asinou algunha vez un pacto co Maligno?
- (...)
*
Recibo a orden de correr, corro, consigo chegar ata a mesa, sentome (inmediatamente rodeada de señoras) que autoritariamente me instan a desocupar; eu explico,correctamente, que gardo o sitio para a miña nai e as súas amigas, as señoras insisten, eu contemplo o grupo da miña nai que lentamente, sen esforzo algún se achega; as señoras comenzan a ameazarme, eu non cedo, por fin chegan as amizades da miña nai, sorrín cortesmente, as señoras // extínguense
**
Sempre acontence igual desde aquela torre; son dúas estampas sucedéndose unha á outra
nunha as trirremes de César (agobiado pola escaseza de cartos) chegan; batén cos seus remos o océano, asustan aos nativos, desaparecen
na segunda nada se ve
pero un corazón extasiado coma un trevo palpita ¡Irlanda! ¡Irlanda!
********************************************
el dobla cuidadosamente o xornal, di
-tranquila, estamos en terra firme
de seguido
"esta cidade é un atolón gobernado por un virrei enlouquecido"
abrir os ollos, logo de estar con el era contemplar toda unha grilanda de papel de liar pendurada na parede, na que se repetía ata o infinito o rostro de Antonin Artaud
tan só unha musa anarco-matemática é quen de percorrer centos de quilómetros, gardar quenda para que unha autora/or lle asine algún, ningún (ou todos) entre os seus-aqueles // papeis
Pleistoceno: "o pasado é un país remoto" (m.o.)
AUTOBIOGRAFÍA PARA TRUCHIS (escrita por ela mesma)
moisés-meniña
[Febreiro, 2002]


