centro de documentación da AELG
Xoves, 2 de setembro de 2010
Procurar textos:Procura avanzada
Vaqueiro, Vítor
AUTOBIOGRAFÍA

   Vítor Vaqueiro comeza a publicar en 1979. A súa obra atinxe a poesía e a narrativa. En 1984 recibe o Premio da Crítica Española na súa modalidade de poesía por A fraga prateada. Paralelamente ao seu labor literario ten desenvolvido un intenso traballo no campo da fotografía, realizando numerosas exposicións no país, en Portugal e en Bretaña, así como impartindo seminarios sobre a materia.

   Columnista habitual do semanario A Nosa Terra, ten publicados artigos e entrevistas en diferentes revistas e xornais.

[Febreiro, 2002]