Afonso
Becerra de Becerreá

Dramaturgo e Director de escena. Doutor en Artes Escénicas pola Universitat Autònoma de Barcelona. Titulado Superior en Arte Dramática na Escola Superior d’Art Dramàtic do Institut del Teatre de Barcelona, na especialidade de Dirección Escénica e Dramaturxia. Titulado en Interpretación polo ITAE de Asturias. Premio Álvaro Cunqueiro de obras teatrais da Xunta de Galicia. Exerce a docencia na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia.

Ademais de artigos e colaboracións en diversos volumes colectivos, ten publicado, como dramaturgo e ensaísta, as seguintes obras: Textículos dramáticos e posdramáticos (Laiovento, 2013 e 2014), Roberto Vidal Bolaño e o xogo do teatro (Laiovento, 2012), "9999" no libro Banqueiros de Francisco Pillado Maior [Coord.] (Laiovento, 2012), Dramatículas (Laiovento, 2010), É un dicir (Revista das Letras. Nº 833. 19/08/10. Galicia Hoxe), Crio-Xénese (Laiovento, 2007), Dramaturxia. Teoría e práctica (Galaxia, 2007), Rexurdimento (RGT, 2006), O ritmo na dramaturxia (Universidade da Coruña, 2005) e Agnus Patris (Xerais, 2002).

Como tradutor publicou Un pé xigante esmágaos a todos de Xavi Morató (RGT Nº 83, 2015), Mata o teu alumno de Carles Mallol (RGT Nº 79, 2014), O principio de Arquímides de Josep Maria Miró Coromina (RGT Nº 71, 2012), O tempo de Lluïsa Cunillé (RGT Nº 67, 2011), Na meta de Thomas Bernhard, en colaboración con Ana Contreras (Difusora das Letras, Artes e Ideas, 2010), A muller que perdía todos os avións de Josep Maria Miró Coromina (RGT Nº 63, 2010), Esquecer Barcelona de Carles Batlle (RGT Nº 59, 2009), Oasis de Carles Batlle (RGT Nº 55, 2008), O show de Kinsey de Jesús Díez (RGT Nº 54, 2008), Origami de Carlos Be (RGT Nº 50, 2007).

No 2009 fundou, xunto a Ana Contreras, a Cía. ÓNFALO TEATRO S.L. coa que estrearon “Neuras” de Mª Xosé Queizán (Auditorio de Cangas, 18/11/09), e “NA META(Sálvese quen poida)” de Thomas Bernhard (MIT Ribadavia, 17/07/10). Anteriormente traballou nos espectáculos: “Rosalía 21” (Producciones Bles S.L. Teatro Mella da Habana, 23/02/08), “Porno” de Dani Salgado (Teatre Lliure de Barcelona, 22/04/04), “Assaig Obert” de Dani Salgado (Teatre Lliure de Barcelona, 2003), “¿Tiene fantasmas este castillo?” de Jordi Ardid (Històrica Produccions S.L. de Barcelona. Castell de Montjuïc, 15/07/02), “Paraules i records de Mossen Cinto Verdaguer" (Històrica Produccions S.L. de Barcelona. Vil·la Joana, 09/06/02), “Macbeth” de Shakespeare (Teatre Malic de Barcelona, 06/06/02), “Cavallitus” de Antonio Morcillo (Teatre Nacional de Catalunya. 32 Festival Internacional de Teatre de Sitges, 09/06/01), “Rexurdimento. Visións dun cego” (Nove Dous Teatro S.L. Auditorio do Carballiño, 15/10/2000), “La barca nova” de Ignasi Iglesias (Teatre Nacional de Catalunya, 06/10/99), “La doma de la furia” de W. Shakespeare (ITAE de Asturias. Palacio Valdés de Avilés, 14/06/96), “El porque de las cosas” de Quim Monzó (ITAE de Asturias. Sala Quiquilimón de Xixón, 04/03/96).

Pertence ao Consello de Redacción da RGT (Revista Galega de Teatro). É colaborador da revista de artes escénicas ARTEZ e de El Periódico de las Artes Escénicas y Visuales ARTEZBLAI. Foi corresponsal de Primer Acto. Foi membro da AICT (Asociación Internacional de Crítica Teatral), da ADE (Asociación de Directores de Escena). Do 2006 ao 2009 formou parte do Consello Asesor do CDG (Centro Dramático Galego).

Ademais dirixe a Asociación Cultural A Pipa de Becerreá desde 1988, que organiza o Certame Literario da Alta Montaña Luguesa e as Noites Poéticas inauguradas por Uxío Novoneyra en 1996.

[Febreiro, 2016]