Tati
Mancebo

Nacín na Coruña en 1969.

Licencieme en Filología Inglesa na USC en 1992. Como poeta teño publicado o libro individual Na hora redonda (1995) e participado en numerosas publicacións colectivas en Galiza e Portugal e recitais poéticos. Como tradutora teño traducido guións de cine, como o d'O Bosque animado e poesía inglesa, irlandesa e estadounidense para revistas e medios electrónicos.

Desde hai dous anos manteño un blog sobre a infancia e outros temas variados (http://oblogdospelachos.blogaliza.org). Tamén colaboro con críticas e traducións literarias n'O levantador de minas (http://olevantadordeminas.blogaliza.org.)

[abril 2007]