centro de documentación da AELG
Venres, 22 de maio de 2015
Procurar textos:Procura avanzada

Moncho Iglesias

BIOGRAFÍA

   Moncho Iglesias Míguez é vigués de Ourense (de Boborás). Licenciado en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Vigo, onde realiza o doutoramento en Filoloxía Galega, cunha tese que compara os contos de tradición oral palestinos e galegos; tras varios anos en Palestina, na actualidade reside en China, onde dá aulas de castelán.

   Colaborador en revistas como Tempos Novos, Dorna e o xornal Praza; como poeta publicou Abuelita/Avoíña (Parnass, 2013), pedras de Plastilina (Toxosoutos, 2012), Oda ás nais perennes con fillos caducos entre os brazos (Positivas, 2007) e 3'141516, editada en México (Indoamericano, 2001). Como narrador, gañou o premio Concello de Mugardos do ano 2005, e amais de ter colaborado en diferentes publicacións colectivas, como Relatos libertarios (Ateneo Libertario, 2006), publicou a novela Tres cores: azul (Estaleiro, 2009). No eido da tradución, destaca a tradución do hebreo ao galego da obra de Etgar Keret: O condutor de autobús que quería ser Deus (Rinoceronte, 2006) e Saudades de Kissinger (Rinoceronte, 2011), e da escolma de poemas Carné de identidade, de Mahmud Darwix (Barbantesa, 2012).

 [Febreiro, 2015]

 

   Galego de Vigo, vive na actualidade en Palestina, onde dá clases de castelán na Universidade de Belén. Licenciado en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Vigo, onde realiza o doutoramento en Filoloxía Galega, cunha tese que compara os contos de tradición oral palestinos e galegos.

   Colaborador de revistas como Tempos Novos, Animal e Vieiros, amais de correspondente da Radio Galega; como poeta, Oda ás nais perennes con fillos caducos entre os brazos (Positivas, 2007) é a súa segunda obra publicada. -3'141516 foi a primeira, editada en México (Indoamericano, 2001). Como narrador, gañou o premio Concello de Mugardos do ano 2005, amais de ter colaborado en diferentes publicacións colectivas, como Relatos libertarios (Ateneo Libertario, 2006). No eido da tradución, destaca a tradución do hebreo ao galego da obra de Etgar Keret: 0 condutor de autobús que quería ser Deus (Rinoceronte, 2006).

 [Novembro, 2007]