Berta
Dávila

Berta Dávila (Santiago de Compostela, 1987) escribe porque moitas veces lle contaron contos antes de durmir.

É autora dos libros de poemas Corpo baleiro (Espiral Maior, 2007) e Dentro (Premio Avelina Valladares, 2008).

No eido da narrativa escribiu a novela Bailarei sobre a túa tumba (Premio Biblos de novela, 2008) e o libro de relatos A arte do fracaso (Barbantesa, 2010), traducido ao castelán e ao xaponés por Pulp Books.

Recibiu o Premio Johán Carballeira de poesía en 2012 por “Raíz da fenda”, que verá a luz proximamente en Xerais.

A súa obra está tamén recollida en antoloxías como Poetízate (Xerais), A cidade na poesía galega do século XXI (Toxosoutos) ou en volumes colectivos como Sete de biblos (Biblos, 2012).

Ten un blogue, "Confabulario novo", no que escribe de cando en vez.

[Marzo, 2013]