Xosé Ricardo
Losada Vicente

X. Ricardo Losada naceu en Rianxo en 1961. É profesor de filosofía no IES Espiñeira de Boiro. Socio fundador e secretario da Asociación Cultural Barbantia. Colabora en varias revistas culturais como Alameda ou Casa da Gramática. Publicou algún artigo na Trabe de Ouro. Colabora regularmente no suplemento cultural mensual A Voz de Barbantia que publica La Voz de Galicia na súa edición de Barbanza. Publicou o libro de relatos filosóficos O xene da chuvia (Edicións do Castro, 2005) e varios relatos en libros colectivos como Luces da cidade e Voces na guerra.

[Febreiro, 2009]