centro de documentación da AELG
Xoves, 2 de setembro de 2010
Procurar textos:Procura avanzada
Fontes, Carlos
AUTOBIOGRAFÍA

   Carlos Fontes (Vilaboa, 1968). Traballa como xornalista ademais de colaborar na organización de actos culturais para diferentes entidades. Recibiu o primeiro premio na XVI edición do Concurso de Poesía en Lingua Galega Rosalía de Castro da asociación cultural homónima de Cornellà (Barcelona), en novembro de 2002. Obra súa figura nos poemarios colectivos O Trazo Aberto (Deputación Provincial de Pontevedra, 2002), Pontevedra literaria (Concello de Pontevedra, 2007) e Os poetas de Vigo cantan á poesía (Rodeira, 2008). Colaborou con textos poéticos na revista cultural O máximo (2003), no periódico Infoxove (agosto, 2008), no primeiro disco do grupo de música tradicional Tanxedoras (2008) e na compilación de fotografías e textos Terragrafías (2009), de Anxo Cabada. Fixo circular algúns dos seus poemas en pequenas edicións de cordel, a última, titulada Descarga (2008), en colaboración co escritor cubano Félix Contreras. A finais de 2008 publica o seu primeiro libro de poemas, Quero colo, na Editorial Espiral Maior. No ano 2009 sae á luz Poemas con piruleta, poesía para cativos editada por Galaxia. Tamén en 2009 publica no sitio web www.aregueifa.net Contradanza, texto poético sobre a Revolución Cubana.