María N.
Soutelo

Cursou estudios musicais dende ben pequena, especializándose en Violín, instrumento ao que lle segue gardando a máis absoluta fidelidade.

É membra da Asociación de Escritores en Lingua Galega - AELG dende o ano 2008 (http://www.aelg.org/Centrodoc/GetAuthorById.do?id=autor423).

Xestiona a bitácora persoal Navicularia (http://navicularia.blogspot.com.es) e participa como coescritora, xunto coa tamén escritora Rosa Enríquez, no recentísimo proxecto 2.0 "O Pracer do Azul" (http://pracer-azul.blogspot.com.es).

Na súa traxectoria como poeta salientan:

XX Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón (Concello de Dodro) outorgado ó seu poemario Código Poético (Decembro de 2007), publicado na Editorial Sotelo Blanco.

Diáspora (2012, Acha Escrava Editora), 2º libro individual de poemas.

Nestes Días (2014, “Q de Vian Cadernos”, A Porta Verde do Sétimo Andar, Ed. NovaGalicia Edicións), 3º libro individual de poemas.

Prestou colaboración en publicacións colectivas de poesía, como:

  • Poesía Contemporánea de Tabeirós-Terra de Montes, (2005). Editorial Fervenza
  • Sétimo Andar, Poesía Alén (2010), co Colectivo de creación A Porta Verde do Sétimo Andar (ed. Nova Galicia Edicións)
  • Poetas con Rosalía V (2010), da Fundación Rosalía de Castro
  • Pegadas (2011), co Colectivo de creación A Porta Verde do Sétimo Andar (ed. Nova Galicia Edicións)
  • Mulheres entre poesía e luita (2011), da Assembleia de Mulheres do Condado
  • Revista DORNA, nº 34, da USC (2011)
  • Homenaxe a Urbano Lugrís, da Nave das Ideas (2011) http://anavedasideas.blogaliza.org/2011/12/17/233/
  • Dairas, (2011) do IES Manuel García Barros
  • XXV Aniversario do Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón 1988-2012 (2012), do Concello de Dodro
  • Colaboración no boletín nº 3 da publicación francesa francesa Levure Littéraire http://levurelitteraire.com/neves-soutelo/
  • "Da nosa voz no espello", poema sobre o libro Espectros, de Rosa Enríquez (28 de febreiro de 2015), publicado en ProTexta (Tempos Novos, nº 215, Abril 2015).

Formou, tamén, parte do consello de redación e publicación da folla de poesía AugasVerso financiada polo Excmo. Concello de A Estrada (2003-2004), xunto con Antía Otero e Óscar Valladares. Participa con asiduidade en múltiples actos literarios e culturais de índole diversa. Igualmente, na actualidade exerce como articulista na sección de opinión no diario Sermos Galiza (http://www.sermosgaliza.com/opinion/autor/000320/maria-n-soutelo), é membra do consello de redacción e correctora da publicación cultural mensual AbarcARTE, e imparte con regularidade obradoiros e xornadas de creación literaria e de animación á lectura en centros de ensino, asociacións culturais e bibliotecas e axencias de lectura.

[Setembro, 2015]