Antía Otero (A Estrada, 1982)
É escritora, creadora e actriz. Conxuga unha formación e produción artística interdisciplinar, onde conflúen a escrita, a arte e a interpretación. Traballa en diversos proxectos entre a arte contemporánea e a escena. A súa experiencia no teatro e no audiovisual focalízase tanto diante como detrás da pantalla. Como poeta é autora de O Son da Xordeira (2003), (Retro)Visor (2010) e participou en diversos libros colectivos, fancines, revistas e xornais.
[Abril, 2010]
Antía Otero é licenciada en Historia da Arte Contemporánea na USC, realizou un Máster en Historia e Estética do cine na Universidade de Valladolid e formouse como actriz na Escola Espacio Aberto de Santiago de Compostela. A súa traxectoria é interdisciplinar polo que dende sempre ven conxugando a escrita coa arte e a interpretación.
Como poeta foi gañadora do VII Certamen Francisco Añón de Poesía co poemario De porta un horizonte e publicou o seu primeiro libro individual O Son da Xordeira (2003) en Espiral Maior, así como multitude de colaboracións en revistas (Serendipia), fancines (300 e Zapatiños Motor), catálogos de arte e libros colectivos como:
Negra Sombra. Intervención poética contra a marea negra. Sempre Mar-Plataforma Burla Negra, Xela Arias, quedas en nós. Poetízate. Antoloxía da poesía galega, Polifonías. Voces poéticas contra a violencia de xénero.
No campo da Arte ten dirixido un documental sobre Maruxa Mallo, comisariado exposicións, colaborado en diferentes xornais e elaborado textos para catálogos:
- Rolos (Xuventude de Galicia-Centro Galego de Lisboa. Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo. Xunta de Galicia, 2005)
- A Palabra. Segundo encontro de arte e natureza no Castelo de Soutomaior (Deputación Provincial de Pontevedra, 2005)
- Residentes 05. Bolsas en residencia San Martín Pinario (Consellería de Cultura e Deporte. Xunta de Galicia, 2005)
- Trinta relatos. A creación: dar forma ao que se recibíu con anterioridade (Galicia Hoxe. Revista das letras. Novembro de 2005, n° 593)
- Compostelarte (Auditorio de Galicia. Concello de Santiago. 2007)
Na actualidade é Vicepresidenta da Asociación de Escritores en Lingua Galega, imparte obradoiros de creación literaria ali onde a chaman, traballa como actriz en teatro e nunha serie da TVG e escribe na súa páxina na rede.
[Foto de Roi Fernández Fernández]
[Maio, 2008]


