centro de documentación da AELG

    Sábado, 17 de maio de 2008 Procurar textos:     Procura avanzada  
Asociación de Escritores en Lingua Galega
Espazo didáctico
Benvido/a ao centro de documentación da AELG
     O Centro de Documentación de Escritores Galegos nace co obxectivo de conservar e pór á disposición dos investigadores/as e de todas as persoas interesadas desde todas as culturas, aqueles materiais xerados polos escritores e escritoras en lingua galega, así como a súa actividade social: obra de creación e de investigación, obra crítica e calquera outro tipo de documentación que poida enriquecer o coñecemento do feito literario en galego.
     A creación deste Centro de Documentación parte da carencia dunha entidade aglutinadora da documentación sobre as escritoras e os escritores vivos, mais tamén da necesidade que a figura do escritor/a ten de contar cun centro que os axude na súa difusión e recepción social. É por iso que o Centro de Documentación de Escritores da AELG é o lugar en que se recolle toda a información e documentación depositada polos escritores e que será procesada para poder dispor dunha ampla fonte documental á que ter acceso áxil desde a rede.
Escritores/as do mes
abril de 2008
marzo de 2008
febreiro de 2008
xaneiro de 2008