centro de documentación da AELG
Mércores, 22 de outubro de 2014
Procurar textos:Procura avanzada
Benvido/a ao centro de documentación da AELG
O Centro de Documentación de Escritores Galegos nace co obxectivo de conservar e pór á disposición dos investigadores/as e de todas as persoas interesadas desde todas as culturas, aqueles materiais xerados polos escritores e escritoras en lingua galega, así como a súa actividade social: obra de creación e de investigación, obra crítica e calquera outro tipo de documentación que poida enriquecer o coñecemento do feito literario en galego.
A creación deste Centro de Documentación parte da carencia dunha entidade aglutinadora da documentación sobre as escritoras e os escritores vivos, mais tamén da necesidade que a figura do escritor/a ten de contar cun centro que os axude na súa difusión e recepción social. É por iso que o Centro de Documentación de Escritores da AELG é o lugar en que se recolle toda a información e documentación depositada polos escritores e que será procesada para poder dispor dunha ampla fonte documental á que ter acceso áxil desde a rede.