Benvido/a ao espazo didáctico da AELG
Este espazo está pensado pola Aelg como unha ferramenta de traballo
e de coñecemento ao redor da obra dos nosos escritores/as. Pretende ser, pois, unha xanela aberta
á divulgación de contidos pedagóxicos en lingua galega enfocados ás diferentes etapas educativas
(primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato), sen esquecer aquel alumnado con
necesidades educativas específicas.
A colaboración dos profesionais do ensino resultou indispensábel
á hora da elaboración e deseño das diferentes unidades didácticas que este espazo virtual ofrece
ao sector da docencia, docentes e discentes, mais tamén accesíbel ao conxunto da sociedade.