A Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) celebrou o 15 de xullo un acto cívico e reivindicativo en lembranza do traslado dos restos mortais de Rosalía de Castro, que tivo lugar o 25 de maio de 1891.

  Organizado pola AELG, o cortexo cívico contou co apoio e colaboración de diversos colectivos, como as asociacións culturais O Galo, Medulio, Auriense, Maio Longo, Solfa e a Asociación Cultural de Meira, e fundacións como Manuel María e Bautista Álvarez, entre outras.

 

Un tren, identificado como Follas Novas, partiu da estación da Matanza, ao carón da casa de Rosalía, o xoves día 15 de xullo ás 17.45 horas, para facer o traxecto Padrón-Compostela. Unha hora antes, ás 16.45, houbo unha concentración na colexiata de Santa María de Iria, no cemiterio de Adina, onde o presidente da AELG, Cesáreo Sánchez, informou do sentido dos actos (vexa aquí a súa intervención), á vez que se leu un poema de Rosalía de Castro.

 

Na estación de Compostela agardou a comitiva restante, actuando a Banda da Escola de Música de Rianxo. O cortexo saiu pola rúa do Hórreo cara a Praza do Toural, primeira parada da comitiva, onde houbo unha lectura de poemas de Cantares Gallegos, para continuar pola Praza da Universidade e pola Praza de Cervantes, onde se leron outros poemas de Rosalía.

 

Finalmente, en San Domingos de Bonaval celebrouse unha audición do Ángelus, de Massenet, e unha lectura de poemas de Follas Novas, intercalando actuacións do diversos grupos musicais e artistas participantes, para rematar o acto coa lectura dun comunicado reivindicativo da figura de Rosalía de Castro, cando se facían 125 anos da súa morte.

 


 Vexa aquí nun mapa os diversos lugares que percorreu o cortexo.

 

O programa foi o que segue:

 

16.45 Concentración na colexiata de Santa María de Iria, cemiterio de Adina:

Lectura dun poema de Rosalía e marcha a pé até a estación da Matanza, ao carón da casa de Rosalía, para tomar o tren deica Compostela.

O simiterio da Adina
n´hai duda que é encantador,
cos seus olivos escuros
de vella recordazón;
co seu chan de herbas e frores
lindas, cal n´outras dou Dios;
cos seus canónegos vellos
que nel se sentan ó sol;
cos meniños que alí xogan
contentos e rebuldós;
cas lousas brancas que o cubren,
e cos húmedos montóns
de terra, onde algunha probe
ó amañecer se enterrou.
Moito te quixen un tempo,
simiterio encantador,
cos teus olivos escuros,
máis vellos que os meus avós;
cos teus cregos venerables,
que se iban sentar ó sol,
mentras cantaban os páxaros
as matutinas cancións,
e co teu osario humilde
que tanto respeto impón
cando da luz que nel arde 
ve un de noite o resprandor.
Moito te quixen, e quérote,
eso ben o sabe Dios;
mas hoxe ó pensar en ti
núbraseme o corazón:
que a terra está removida,
negra e sin frols...
¡Padrón...! ¡Padrón...!
Santa María... Lestrove...
¡Adiós! ¡Adiós!
 

Do libro II “¡Do íntimo!”, Follas Novas

 

Iniciada esta xornada de recoñecemento neste cemiterio que primeiro acolleu a alma inqueda da nosa poeta, de pluma incisiva e incómoda, cómpre agora rememorarmos o percorrido realizado durante a translación dos restos mortais de Rosalía de Castro da Adina ao Panteón de Galegos Ilustres, de Padrón a Compostela. Dirixámonos cara á estación situada ao pé da rosaliana Casa da Matanza para revivirmos intensamente, desde a reconstrución histórica e a implicación emocional, 125 anos despois, aquel acontecemento que don Alfredo Brañas reseñou en La Patria Gallega como “a mais grande, a mais portentosa declaración d´amor que pode dar un povo libre, a apoteosis feita en honor d´a inmortal Musa gallega señá Rosalía de Castro”.

 

17.45 Saída do tren cara a Santiago

 

18.00 Recepción do tren "Follas Novas" na estación de Santiago de Compostela

Onde agardou a comitiva restante que non acudiu ao cemiterio e que se sumou neste momento ao cortexo a pé polas rúas compostelás, con actuación da Banda da Escola de Música de Rianxo.



        18.45 Praza do Toural, primeira parada da comitiva.

 
A Banda da Escola de Música de Rianxo recibiu, con orgullo festivo, esta comitiva na estación do ferrocarril compostelá e encabezou os pasos desta Galiza humana, plural e conscientemente viva que quere permanecer esperta e coa ollada atenta nos seus referentes nacionais. 
Facemos unha primeira parada nesta Praza do Toural para fundirmos poesía e música. As palabras  poéticas que verten os Cantares Gallegos rosalianos na voz dos poetas Estíbaliz Espinosa, Anxo Angueira e Marta Dacosta. A adaptación musical dos versos da poeta inauguradora da literatura galega contemporánea, no bon facer xeneroso dos músicos da Banda Municipal de Música de Santiago, despedirán, co seu agasallo, este cortexo cívico.

 

19.15 Praza da Universidade

“Parés qu´aínda o sangue se me hela n´as venas y-as bágoas loitan por soltárseme d´os ollos. Reinaba alí o silencio d´os cimeterios; o carro fúnebre parou mesmo â porta d´a Universidade: miles de almas cheaban a praza (...) De pronto, as voces d´Orfeón Valverde deixaron ouir as pirmeiras notas d´o Pietá Signore, de Stradella (...) Estonces foy cando me convencín de que podiamos ser libres, donos d´as nosas cousas, e cando respirey e me botei un peso d´o lombo ô ver qu´o povo respondía ô espontáneo e natural movemento de rexeneración que con tanto traballo, pro con tan bons auspicios escomenzábamos”. 
Vivificamos hoxe nós, no espello-crónica do tempo, estas palabras de Alfredo Brañas descritivas do paso do cadaleito de Rosalía de Castro por estas mesmas pedras que nós tamén apertamos. O pobo galego quere estar á altura, hoxe coma onte, máis unha vez, como protagonista activo da crónica dun tempo que as autoridades se empeñan en condecorar baixo a agresión e a lesividade permanente aos símbolos nacionais, especialmente a toda aquela realidade que signifique a súa identidade propia e razón de ser na lingua galega. É por iso que nesta data, novamente lembrada ad futurum, voltaremos, tal e como hai 125 anos aconteceu, a escoitar o requiem Pietat, Signore de Stradella, na voz de Esperanza Mara acompañada ao piano por Paula Gago Otero. Neste mesmo lugar en que os escolares asumiron un protagonismo especialmente cómplice para coa nosa escritora, a poeta Antía Otero dará lectura dun fragmento do prólogo de Cantares Gallegos, en lembranza daquela intervención acendidamente patriótica que fixera neste mesmo balcón desta Praza da Universidade un coñecido mozo, orador demócrata, Alfredo Vilas; de novo tamén, traeremos onda nós tres poemas de Rosalía, mostra dunha obra viva e de inaudita actualidade, na lectura de Teresa Moure, Isidro Novo e Marica Campo.

Saída cara á Praza da Universidade trala Asociación de Gaiteiros Galegos

 19.30 Praza de Cervantes

           Escaparates da Libraría Couceiro dedicados ás obras de Rosalía.

Continúa este multitudinario cortexo cívico-rosaliano a súa ininterrumpida marcha até esta Praza de Cervantes, onde a Libraría Couceiro, casa da palabra, dos autores e autoras, das lectoras e lectores, dá a man e agasalla os ollos para regalía deste movemento cívico, coa súa homenaxe solidaria á autora que hoxe nos convoca desde a omnipresenza da obra rosaliana viva e sempre actual.

As Pandeireteiras de Bouba recíbennos neste contorno cunha versión musical rosaliana para cederen a palabra ao recitado de Mª Xosé Queizán, Xabier Docampo e Ana Romaní.

 

19.45 San Domingos de Bonaval

“Pra Eterna memoria Galicia fixo facer por suscripción nacional este moimento, onde descansa na paz do señor a que foi a groria da sua patria Señora Doña Rosalía de Castro de Murguía”.

Esta inscrición que se pode ler na lápida de mármore de Carrara no mausoleo, obra de Xesús Landeira, preside a fin do traxecto da nosa comitiva, no interior deste exconvento de San Domingos de Bonaval, pechado á sociedade civil por orde eclesiástica nos últimos meses e até onte mesmo, impedindo a normal visualización e o reencontro da sociedade con referencias simbólicas nacionais, que requirimos e vindicamos, para andar o tempo presente desde a conciencia transparente daquilo que orgullosamente queremos ser, daquilo que non agochamos nin moito menos negamos, apantallado por modernismos exhuberantes e alleos que nos disimulan e empañan baixo híbridos castizos que non somos.

Neste mesmo lugar, acubillo final de honra perpétua para Rosalía de Castro, por vontade do seu pobo, que acolleu definitivamente o seu corpo nun funeral devaluado, por mor da prohibición e impedimentos eclesiásticos doutrora, a orquestra Curros interpretou o Ángelus de Massenet, que hoxe poderemos escoitar tamén, desde o rexo compromiso con este histórico cortexo que conxuntamente construímos, pola Banda da Escola de Músicos de Rianxo.

Deseguido, a lectura de poemas de Follas Novas iranse sucedendo como doas entre as notas da palabra rosaliana musicada. Inaugurará este acto final o Coro da Asociación musical Solfa, para ceder a palabra a Rosa Aneiros, Uxía Senlle, Carlos Negro, Sonia Lebedynski, Yolanda Castaño, Ugia Pedreira, Rafa Villar, Guadi Galego, Francisco Castro, Pilar García Negro e Xabier Díaz.

Finalmente, procederase á lectura do Manifesto “125 anos con Rosalía de Castro. Pola apertura do Panteón de Galegos Ilustres”.

 

 

 

Esta é a listaxe final das entidades que apoiaron o Cortexo Cívico:

  

  1. A Mesa pola Normalización Lingüística
  2. Acción Solidaria entre os Pobos, de Rubiá de Valdeorras
  3. Amigos das gamelas-embarcacións tradicionais Mar da Pedra, de Cangas
  4. Amigos dos Museos de Galicia
  5. Asociación Cultura do País, de Lugo
  6. Asociación Cultural A Barosa, de Barro
  7. Asociación Cultural A Corredoira, de Coristanco
  8. Asociación Cultural A Cova da Terra, de Lugo
  9. Asociación Cultural A lonxa literaria, de Moaña
  10. Asociación Cultural A Pomba do Arco, de Foz
  11. Asociación Cultural A Taboada, de Cuntis
  12. Asociación Cultural Alba de Gloria, de Soutomaior
  13. Asociación Cultural Alexandre Bóveda, da Coruña
  14. Asociación Cultural Altofalante, de Ribeira
  15. Asociación Cultural Anchoa, de Fisterra
  16. Asociación Cultural Anduriña, de Cervo
  17. Asociación Cultural Arelas de Aquelar, de Sanxenxo
  18. Asociación Cultural Arrincadeira, de Ribadavia
  19. Asociación Cultural Arrincadeira, de Riotorto
  20. Asociación Cultural Arumes do Corgo
  21. Asociación Cultural As Sobreiras do Ulla, de Touro
  22. Asociación Cultural Auriense, de Ourense
  23. Asociación Cultural Avantar, do Carballiño
  24. Asociación Cultural Balandro Joaquín Vieta, de Noia
  25. Asociación Cultural Barbantia, de Ribeira
  26. Asociación Cultural Barqueiro, de Vilaboa
  27. Asociación Cultural Buril, de Burela
  28. Asociación Cultural Campo de Estrelas, de Santiago
  29. Asociación Cultural Casal de Lobos, da Arnoia
  30. Asociación Cultural Centro de Estudos do Corgo
  31. Asociación Cultural Cova da Serpe, de Friol
  32. Asociación Cultural e  Pedagóxica Ponte...nas ondas!
  33. Asociación Cultural e Deportiva Albións, da Pontenova
  34. Asociación Cultural e Deportiva Brens, de Cee (Brens)
  35. Asociación Cultural e Deportiva Sociedade Cultural e Deportiva de Samieira, de Poio
  36. Asociación Cultural e Deportiva Sociedade Cultural e Deportiva de Raxó, de Poio
  37. Asociación Cultural e Ecoloxista Verbo Xido, de Cerdedo
  38. Asociación Cultural e Musical Os Melidaos, de Melide
  39. Asociación Cultural e Musical Solfa, de Santiago
  40. Asociación Cultural e Veciñal Baltar-Grobas, de Melide (Baltar-Grobas)
  41. Asociación Cultural e Xuvenil de Ramirás
  42. Asociación Cultural Éche o que hai, de Marín
  43. Asociación Cultural Enredos, de Noia
  44. Asociación Cultural Ergueitos, de Sarria
  45. Asociación Cultural Feixóo Araúxo, da Guarda
  46. Asociación Cultural Francisco Lanza, de Ribadeo
  47. Asociación Cultural Irmandiños, de Ourense
  48. Asociación Cultural Lúa Chea, de Teo
  49. Asociación Cultural LugoPatrimonio, de Lugo
  50. Asociación Cultural Lumieira, de Carballo
  51. Asociación Cultural M de Meira, de Meira
  52. Asociación Cultural Maio Longo, de Pontevedra
  53. Asociación Cultural Mardouro, do Valadouro
  54. Asociación Cultural MariñaPatrimonio, de Viveiro
  55. Asociación Cultural Medulio, Sociedade Cultural, de Ferrol
  56. Asociación Cultural Meigallo, de Cuntis
  57. Asociación Cultural Millo Verde
  58. Asociación Cultural Molete Xicopop, de Carballo
  59. Asociación Cultural O Arco de Vilanova, Cangas (O Hío)
  60. Asociación Cultural O Arrieiro, de Moraña
  61. Asociación Cultural O Fervedoiro, de Cuntis
  62. Asociación Cultural O Galo, de Santiago
  63. Asociación Cultural O Milleiro, de Ourol
  64. Asociación Cultural O Naranxo, de Lalín
  65. Asociación Cultural O Penedo da Forca, de Castrelo de Miño (Prado)
  66. Asociación Cultural O Vello dos Cornos, de Vila de Cruces
  67. Asociación Cultural Ollomao, de Barreiros
  68. Asociación Cultural Os Arcos, de Vila de Cruces (Merza)
  69. Asociación Cultural Os Bardos, do Barco
  70. Asociación Cultural Os Penoucos, de Valga
  71. Asociación Cultural Os serandeiros, de Boborás
  72. Asociación Cultural Pedras Miúdas, de Cee (Lires)
  73. Asociación Cultural Pepa a Loba, do Carballiño
  74. Asociación Cultural Ponte de Navia Non Caias, de Navia de Suarna
  75. Asociación Cultural Quinta feira, da Laracha
  76. Asociación Cultural Revoltaina Cultural da Beira de Bergantiños, da Laracha
  77. Asociación Cultural Santa Bárbara de Escudeiros, de Ramirás
  78. Asociación Cultural Seixo Branco, de Ordes
  79. Asociación Cultural Tartares, de Narón
  80. Asociación Cultural Terra de Melide
  81. Asociación Cultural Terra de Outes
  82. Asociación Cultural Terras dos Arrieiros, do Carballiño
  83. Asociación Cultural Trentinán, da Lama
  84. Asociación Cultural Unha grande chea, de Cambados
  85. Asociación Cultural Universidade Popular de Corcubión
  86. Asociación Cultural Vagalumes, de Tabeirós-Terra de Montes
  87. Asociación Cultural Val de Láncara, de Láncara
  88. Asociación Cultural Val do Cereixo, de Tomiño (Tebra)
  89. Asociación Cultural Xermolos, de Guitiriz
  90. Asociación Cultural Xesús González Aboi, de Caldas de Reis
  91. Asociación Cultural Xevasio Paz Lestón, de Muxía
  92. Asociación de Acción social e cultural nacionalista do Ribeiro, de Castrelo de Miño
  93. Asociación de Amigos do Mosteiro de Melón
  94. Asociación de Amigos do Patrimonio de Castroverde
  95. Asociación de Escolas-Taller e Casas de Oficios de Pontevedra
  96. Asociación de Gaiteiros Galegos
  97. Asociación de Labregos Ribeiraos, de Ribadavia
  98. Asociación de Mulleres A Rula, da Laracha
  99. Asociación de Mulleres Observatorio da Mariña pola Igualdade, de Ribadeo
  100. Asociación de Mulleres Rurais As Hermidas, da Lama
  101. Asociación de Mulleres Rurais Leilía, de Ribadavia
  102. Asociación de Mulleres Terra de Miranda, de Riotorto
  103. Asociación de Nacionalistas do Ribeiro, de Castrelo de Miño
  104. Asociación de Naseiros Alvedosa, de Soutomaior (Arcade)
  105. Asociación de Troiteiros Río Furelos, de Melide
  106. Asociación de Veciños A Cutareira, da Laracha
  107. Asociación de Veciños A Moreira, de Castrelo de Miño
  108. Asociación de Veciños A Piteira, do Carballiño
  109. Asociación de Veciños Arouca, de Arou (Camariñas)
  110. Asociación de Veciños Campo da Feira, da Laracha
  111. Asociación de Veciños Carrizáns, da Lama
  112. Asociación de Veciños Catro Camiños, do Carballiño
  113. Asociación de Veciños Cristo de Xende, da Lama
  114. Asociación de Veciños e socio-cultural Macendo, de Castrelo de Miño
  115. Asociación de Veciños Eduardo Pondal, de Pontevedra
  116. Asociación de Veciños Heroes do Campo da Porta, de Pontevedra (Salcedo)
  117. Asociación de Veciños Longoseiros, do Carballiño
  118. Asociación de Veciños Madarnás, do Carballiño
  119. Asociación de Veciños O Agro, de Cotobade
  120. Asociación de Veciños O Outeiro, de Castrelo de Miño
  121. Asociación de Veciños O Pargue, do Carballiño
  122. Asociación de Veciños Pol, do Carballiño
  123. Asociación de Veciños Río Acheiro, da Laracha
  124. Asociación de Veciños San Vicente de Oubiña, de Cambados
  125. Asociación de Veciños Santa María de O, de Muxía
  126. Asociación de Veciños Vilela, de Punxín
  127. Asociación de Veciños Xurde Caldebarcos, de Carnota (Caldebarcos)
  128. Asociación Deportiva Agrupación de Atletismo de Porto do Son
  129. Asociación Deportiva Club Deportivo Porto do Son
  130. Asociación Deportiva Club Deportivo Portosín, de Porto do Son
  131. Asociación Deportiva Clube de Remo de Noia
  132. Asociación Deportiva e Cultural Coira, de Porto do Son
  133. Asociación Deportiva e Cultural Esteirana, de Muros
  134. Asociación Deportiva Egovarros, de Viveiro
  135. Asociación Deportiva Furia Atletic Club, de Valga
  136. Asociación Deportiva Monteferreiros-Clube Deportivo, de Tomiño (Sobrada)
  137. Asociación Educativa Medio Ambiental Os Carballos, de Cotobade
  138. Asociación Musical Banda de Gaitas Amigos do Mosteiro de Melón
  139. Asociación Musical Grupo de Gaitas de Leiro
  140. Asociación Musical Vai de roda, Grupo de Música Tradicional, de Rianxo
  141. Asociación Socio-Cultural Adellis, de Silleda
  142. Asociación Socio-Cultural Carballas, do Rosal
  143. Asociación Socio-Cultural Cedofeita de Lérez, de Pontevedra
  144. Asociación Socio-Cultural O Burgo, de Pontevedra
  145. Asociación Socio-Cultural Redes Escarlata
  146. Asociación Socio-Pedagóxica Galega
  147. Asociación Veciñal A Miñoca, de Vigo (Coia)
  148. Asociación Veciñal A Paz, de Vigo
  149. Asociación Veciñal A Unión, de Vigo (Matamá)
  150. Asociación veciñal Agra do Orzán, da Coruña
  151. Asociación Veciñal Atochas-Montealto-Torre de Hércules, da Coruña
  152. Asociación Veciñal de Navia, de Vigo
  153. Asociación Veciñal de Pontenova-Freixeiro, de Vigo
  154. Asociación Veciñal de Saiáns, de Vigo
  155. Asociación Veciñal de San Roque, de Vigo
  156. Asociación Veciñal de Teis, de Vigo
  157. Asociación Veciñal Dr. Fleming, de Vigo
  158. Asociación Veciñal e Cultural de Valladares, de Vigo
  159. Asociación Veciñal e Cultural do Casco Vello, de Vigo
  160. Asociación Veciñal O Carballo,  de Vigo (Sárdoma)
  161. Asociación Veciñal Rosalía de Castro (da Salgueira), de Vigo
  162. Asociación Veciñal, Cultural e de Usuarios Val de Fragoso, de Vigo
  163. Asociación Veciñal, Cultural e Deportiva Lavadores, de Vigo
  164. Asociación Veciñal, Cultural e Deportiva Sampaio, de Vigo
  165. Asociación Xuvenil Antre os pinos, de Rianxo
  166. Asociación Xuvenil AXVALSO, de Vimianzo
  167. Asociación Xuvenil e Cultural Colectivo Chilindrín, de Viveiro (Celeiro)
  168. Asociación Xuvenil Galiza Nova
  169. Asociación Xuvenil Illa Lobeira, de Corcubión
  170. Asociación Xuvenil Muimenta, de Tomiño (Sobrada)
  171. Asociación Xuvenil O Baluarte, de Porto do Son
  172. Asociación Xuvenil O Escalambroeiro, de Ribadavia
  173. Asociación Xuvenil Taiña, de Tomiño (Goián)
  174. Asociación Xuvenil Unión da Mocidade Galega
  175. Ateneo de Pontevedra, de Pontevedra
  176. Ateneo Ferrolán
  177. Ateneo Republicano de Valdeorras
  178. Biblioteca Escolar do C.E.I.P. Os Casais (Maniños-Fene)
  179. Biblioteca Virtual Galega
  180. Bloque Nacionalista Galego
  181. Candea-Asociación de Ensinantes do Salnés, de Cambados
  182. Centro Social Setestrelo, A Estrada
  183. Club Cogomelo Melide Xuvenil, de Melide
  184. Club Petos Melide, de Melide
  185. Comunidade de Montes Comunidade de Montes das Bouzas, de Castrelo de Miño
  186. Comunidade de Montes Comunidade de Montes de Cenlle, de Cenlle
  187. Comunidade de Montes Comunidade de Montes de Marcón, de Pontevedra
  188. Comunidade de Montes Comunidade de Montes de San Paio e Santa Cristina, de Ribadavia
  189. Confederación Intersindical Galega
  190. Coro Cantigas da Terra, da Coruña
  191. Edicións Positivas
  192. Federación de Asociacións de Veciños Castelao, de Pontevedra
  193. Federación Rural Galega (FRUGA)
  194. Feministas Independentes Galegas
  195. Fundación Bautista Álvarez
  196. Fundación Castelao
  197. Fundación do Pedrón de Ouro
  198. Fundación Manuel María
  199. Fundación Rosalía de Castro
  200. Instituto de Estudos Chairegos, de Vilalba
  201. Instituto de Estudos Miñoranos, de Gondomar
  202. Irmandade Manuel María, de Vilalba
  203. Irmandade San Caetano, de Barreiros
  204. Mancomunidade de Montes Caldebarcos e San Cibrán, de Carnota
  205. Meiramar-Axóuxeres, Asociación Folclórico Cultural e Xuvenil, de Moaña
  206. ProLingua
  207. Revista de Creación literaria Casa da Gramática, de Noia
  208. Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte
  209. Sociedade Liceo de Noia
  210. Sociedade Veciñal, Cultural e Deportiva Nautilus, de Vigo (Comesaña)
  211. Teatro do Vilar, de Ribadavia