asociación de escritores en lingua galega

     Venres, 25 de xullo de 2008 Procurar socio/a:        
 
Centro Documentación
Espazo didáctico

    Desde a Aelg somos conscientes de que non é doado atopar sempre unha canle de publicación inmediata pensada para quen comeza a camiñar no mundo da escrita, a se facer cunha voz persoal no espazo literario que estamos a construír.
    É por iso que a AELG, alén de animar incesantemente a escribir, asume agora o compromiso real de se converter a través desta editora virtual que as novas tecnoloxías nos ofrece, na difusora da literatura dos nosos creadores/as, en especial daqueles que inician o seu mergullo na arte da palabra, como experiencia lúdica ou con vontade vocacional.
    Incrementar a presenza do idioma galego na web, brindarlle aos novos da nosa literatura un medio sinxelo, doado e de grande difusión para se dar a coñecer, ofrecer ao público lector un contorno en que achar literatura de calidade no noso idioma e onde poida coñecer en primicia a obra de novos valores creativos son algúns dos obxectivos primordiais que nos moven.

    Se es socia ou socio e desexares que a túa creación for publicada pola Aelg Editora, fainos chegar un arquivo co borrador a través do formulario que se presenta a seguir. Antes de seren publicados, os borradores pasarán a revisión dun comité de avaliación nomeado pola AELG. O seu fallo e os comentarios que houber seranche remitidos ao correo electrónico que nos facilites. Para garantir que o proceso de revisión sexa totalmente anónimo, aos/as revisores/as só se lles enviará o arquivo co borrador e en ningún momento se lles facilitará a identidade do/a autor/a. Por tanto, enche o formulario cos teus datos reais mais, no arquivo do borrador, lembra incluír só o teu nome literario. Se queres facerte socia ou socio da Aelg e gozares deste servizo, mira "Como asociarse?".

Datos persoais
Nome: (*) 
Apelidos: (*) 
NIF: (*) 
Correo electrónico: (*) 
Teléfono: (*) 
Datos do borrador
Título: (*) 
Xénero: (*) 
Subxénero: 
Arquivo co borrador: (*) 
(*) Campos obrigatorios