24 de febreiro de 2016

Manifesto

da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG)

no Día de Rosalía de Castro 2016

 

 

Rosalía libre e sen medo ningún

 

Non podemos saber como sería hoxe Rosalía de Castro. Ou si: sería como era, como foi, como segue a ser, como é Rosalía. E como é Rosalía, que agora non o podemos saber?

Sabemos, sabemos. Sabemos que foi verdadeira, que viviu toda a súa vida con verdade e que foi unha persoa libre, e sabemos que a liberdade hai que pagala e por iso a súa vida foi dura.

Non hai liberdade se a palabra non é libre, e por iso ela escribiu sen medo ningún para combater «aos que sen coñecemento algún nin razón, nos desprezan, que a nosa lingua non é aquela que bastardean e chapurran nas máis ilustradísimas provincias, cun riso de mofa.» A súa preocupación polo país nacía dun orgullo profundo de ser galega, «o máis triste nesta cuestión é a falsedade con que fóra de aquí pintan así aos fillos da Galiza como da Galiza mesma.»

Escribiu poesía, e a poesía abrázao todo: a alegría, a esperanza, a dor..., e tamén a denuncia da opresión, e tamén as proclamas da política da liberdade. Nos seus versos cabe a liberdade da Galiza e tamén a xustiza social que reclama para todos os «desherdados», mesmo explicitamente para os traballadores: «Obreros incansables, yo os saludo.»

E se escribía sobre os demais, os demais que sufrían, era porque o sentía. Toda a súa poesía é lírica; non nace das ideas, que nace dos sentimentos, afectos e emocións da autora.

E todo o que ela sentía e toda a xente que ela sentía como súa, habitaba dentro dun mundo vivo todo el. Poucas veces a natureza aparece tan constantemente, rodeando e envolvendo a vida toda. As augas, as árbores, as plantas, os ceos, un mundo vivo e activo, ás veces amábel e familiar:

 

Baixo a prácida sombra dos castaños

do noso bon país

baixo aquelas frondosas carballeiras

que fan dose o vivir;

cabe a figueira da paterna casa

que anos conta sin fin,

qué contos pracenteiros, que amorosas

falas se din alí!

 

E, cando dentro dela lle nace unha pena, sempre ten a certeza de que aí fóra hai uns ceos claros onde mora a esperanza:

 

No ceo, azul crarísimo;
no chan, verdor intenso;
no fondo da alma miña,
todo sombriso e negro.

 

Ninguén lle quite a Rosalía o que Rosalía dixo e foi: «Solo cantos de independencia y libertad han balbucido mis labios.» Ninguén diga que foi muller encollida ou, sequera, vencida. Non escribía con tinta, que escribía con sangue: «Mollo na propia sangre a dura pluma.»

Estaba posuída por unha forza e unha ansia sen igual. E comezou a vivir a vida con esa alegría, foi unha moza destemida que desafiou as convencións feitas para encerrar as mulleres «pues siempre cuando yo paso/ de mí murmuran y exclaman.» Desde o principio quixo ser escritora, muller escritora, e enfrontouse ao destino que tiñan as mulleres da época desde que nacían simplemente por naceren mulleres: «desde la cuna ya, el ruido de las cadenas que debían aprisionarme para siempre, porque el patrimonio de la mujer son los grillos de la esclavitud.» E desde moi nova decidiu ser creadora e fixo por selo, fixo por ser muller escritora. E foino, contra todo e contra todos.

Acabou sendo querida pola xente que ela máis quería, a xente humilde que fixo dela unha bandeira, unha estreliña de esperanza. «¡Ai, dos que levan na frente unha estrela! ¡Ai, dos que levan no bico un cantar!», dixo dela o noso Curros. Mais non puido evitar tropezar coas paredes da realidade social, non puido ter o éxito como novelista profesional que arelaba. Encerrada na casa, criando a súa rolada de fillos, atravesada pola dor da perda dalgúns deles, acabou a súa vida como o que foi, unha escritora a riscar papeis «na gran sala»da súa casa.

 Non conseguiu en vida o recoñecemento que merecía mais non foi vencida, chegou aos seus últimos días coa arma de escritora na man. Rosalía viviu libre e campa aínda libre arredor de nós, é unha sombra clara que nos anima a vivir en liberdade sempre. Sempre libres, sempre en Galiza, a nación de Rosalía. «O noso bon país», di ela.

 

 

Suso de Toro

Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG)


 

Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) disponse a conmemorar un ano máis o Día de Rosalía de Castro. O 24 de febreiro, fixado no Calendario do Libro e da Lectura como aniversario do nacemento da autora, esta entidade propón á cidadanía que agasalle un libro en galego e unha flor, alén doutras accións que contaron con grande aceptación e impulso por parte da sociedade, e moi especialmente polo sector educativo, como se pode comprobar no arquivo audiovisual e de imaxes da nosa web.

 

Pode descargar aquí o cartel base do Día de Rosalía de Castro 2016, en formatos pdf e jpg.

 

Desde o profundo da voz e co seu canto radical e solidario, Rosalía de Castro mobiliza a nosa conciencia colectiva, galega e universal. A obra de Rosalía, adiantada ao seu tempo, fala tamén para a mocidade do século XXI: adáptase, camaleónica, a todos os soportes e medios de difusión tecnolóxica, en papel ou dixitais.

Actos promovidos pola AELG
Actos organizados por outras entidades
Actividades nos centros de ensino
#MobilizaRosalía. O Día de Rosalía de Castro nas redes sociais.

No Twitter:

No Facebook:

No Instagram:

Aquí e aquí.


Actos promovidos pola AELG (actualización diaria):

Domingo, 21 de febreiro

 

  • Santiago de Compostela | 12.00 | Panteón de Galegos Ilustres, acto central da AELG. 
  1. Negra Sombra (Letra:  Rosalía de Castro; música : J.M. Capón)
  2. No escuro (Letra:  R. Cabanillas; música:  Fuxan os Ventos; arr.: F. Tobar Cereijo)
  1. María Xesús Astray Rodríguez
  2. Afonso Becerra
  3. Rosalía Fernández Rial
  4. Margarita Ledo
  5. Celia Parra
  6. Mercedes Queixas Zas
  7. Eli Ríos
  8. Isabel Risco
  9. Alba María
  10. Francisco Susavila
  • Actuación da Coral da Asociación cultural e musical Solfa:
  1. Na morte de Castelao (Letra: R. Cabanillas; arr.: F. Tobar Cereijo)
  2. Os soños na gaiola (Letra: Manuel María; arr.: F. Tobar Cereijo)
  • Ofrenda floral
  • Interpretación do himno 

 

Mércores, 24 de febreiro

Lugo | 12.30 | Centro Ocupacional Aspnais (Rampa de Claudio López)

 

A Coruña | 19.00 | Centro Ágora (Rúa Ágora, s/n)

 

Vigo | 19.00 | Casa Galega da Cultura (Praza da Princesa)

 

Ferrol | 19.00 | Galería Sargadelos (Rubalcava, 30-32)

A Rúa de Valdeorras | 18.30 | Praza do Concello


Outros actos (actualización diaria -pode comunicarnos o seu acto en oficina@aelg.org):

Ames

O Concello desenvolverá diversas actividades, que se poden consultar aquí.

 

Betanzos

Cee

 

Muxía

 

Ponteareas

O Concello de Ponteareas repartirá material sobre a obra de Rosalía de Castro en locais comerciais para achegar a súa poesía a toda a veciñanza. Os centros de ensino recibirán marcapáxinas con poemas de Rosalía de Castro. Máis información, aquí.

 

Luns, 22 de febreiro

Ferrol

19.30 Tanto a Semana de Poesía Salvaxe como a Asociación Lendo Poesía, farán unha lectura da obra rosaliana na Biblioteca Central de Ferrol.


 

Martes, 23 de febreiro

Bos Aires

10.30 O Terzo da fala convida a concorrer ao Xardín dos Poetas do Rosedal de Palermo  para render homenaxe a Rosalía de Castro no día do seu aniversario.

 

Mércores, 24 de febreiro

Ordes

10.30 Na aula de formación situada na rúa Xoxardo, a Mancomunidade de Ordes ten prevista unha charla e mesa de traballo na que se afondará na importancia de Rosalía de Castro como promotora da igualdade de dereitos entre homes e mulleres. Falarase do feminismo como unha das temáticas máis importantes de toda a súa bibliografía, e do interese que suscita o seu tratamento na bibliografía dunha autora adiantada ao seu tempo. Para acudir é necesaria unha inscrición previa que se pode realizar tanto nas oficinas da Mancomunidade como telefonicamente a través do Servizo de Normalización Linüística no 981680002. Ao seu remate farase entrega do premio ao/á gañador/a do concurso Rosalía Verso a Verso.

 

Cerceda

11.00 O Concello, que aprobou a moción para declarar o 24 de febreiro como Día de Rosalía de Castro, organiza en consecuencia un acto de lectura da obra de Rosalía de Castro aberto a toda a veciñanza que se desenvolverá no Salón de Plenos da Casa do Concello. Toda a información, aquí.

 

Rodeiro

11.15 No Auditorio da Casa da Cultura, o Concello organiza un acto de lectura pública en colaboración cos centros de ensino e a cargo de alumnado de Educación Primaria.

 

Ourense

11.30 Na rúa Rosalía de Castro (a carón da pasarela do Miño), o Servizo de Normalización do Concello de Ourense promove unha pintada na propia pasarela coa imaxe de Rosalía e uns versos. Recitado de versos a cargo de alumnado da zona: CEIP A Ponte, CEIP Práticas e CEIP Curros Enríquez. Acompañamento musical coa interpretación da Alborada de Rosalía polo grupo Gomes Mouro-AOFT.

A Coruña

12.00 Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña. A Deputación da Coruña organiza unha lectura colectiva pública e participa activamente a través das redes sociais coa etiqueta #mobilizaRosalía

 

Ourense

18.00. O Grupo RosalAuria acordou celebrar o Día de Rosalía. O punto de encontro é o fondo da rúa Rosalía de Castro, xustamente onde comeza a pasarela do Miño pola beira do barrio da Ponte; co obxectivo de retomar a iniciativa de solicitar que a rúa dedicada á nosa escritora teña a súa prolongación na pasarela que une as dúas partes da cidade. Trátase dunha pasarela moi transitada e coñecida pola cidadanía, que non ten nome e que desemboca precisamente na rúa que leva o nome de Rosalía que, pola contra, é case descoñecida en Ourense. O feito de lle poñer o nome á pasarela é tamén simbólico, de aí o lema da celebración deste ano en Ourense, "Rosalía, ponte de futuro". O acto iniciarase no lugar acordado coa colocación dun cartel co nome da rúa, o recitado de poemas e reparto de poemas de Rosalía entre o público asistente. Desde aí atravesaremos a pasarela e continuaremos o acto coa colocación doutro cartel no outro estremo da pasarela, con novo recitado e reparto. Para finalizar na entrada do centro comercial Ponte Vella. Neste punto é onde hai máis tránsito de persoas e é onde queremos implicar aos máis novos.

 

Pontevedra

A Estrada

O Rosal

19.30. Acto da Concellaría de Cultura na Biblioteca Municipal

 

A Rúa de Valdeorras

Ames

A Estrada

20.00 MOME (Museo do Moble e da Madeira). O Concello da Estrada celebrará o Día de Rosalía de Castro acompañado por mozas e mozos dos colexios e institutos do concello así como do grupo Cantar a Mares.

 

Boiro

20.30 Na Libraría Nobel (Rúa Poeta Manuel María, 10), a A. C. Barbantia organiza unha lectura pública e presentación do libro Historia do meu corpo en labaradas, de Rosa Enríquez. Coa actuación musical do grupo Barahúnda.

Xoves, 25 de febreiro

Ribadeo

20.30 O Concello de Ribadeo organiza un recital poético a cargo de Xavier R. Baixeras na Casa das Letras


 

Sábado, 27 de febreiro

Ames

O departamento de Normalización Lingüística de Ames organiza a excursión “Ruta Rosaliana. Visita á Casa Museo de Rosalía de Castro en Padrón”, con motivo da celebración do día do nacemento da escritora.

 

Ponteareas

18:00 horas, o Concello de Ponteareas renderá unha homenaxe institucional a Rosalía de Castro a través da ofrenda floral que se depositará baixo a placa da rúa que leva o seu nome. Posteriormente, este mesmo día, ás 19:00 horas, o Auditorio Reveriano Soutullo acollerá a actividade “Rosalía Total”, coa participación de grupos infantís e xuvenís cantando a Rosalía con distintos ritmos musicais como rap, entre outos, intervindo os grupos as “Wiki Rosalías” de Gondomar, as Lecras de Dodro e as Cantareiras do Centro Cultural de Chaín.

 

Ribadeo

20.30 No Cine-teatro do Concello de Ribadeo, peza teatral Daquelas que cantan a cargo do grupo de Teatro da A.C. Vagalume e posterior Concerto de Puntada sen fío.

 

Sober

A Biblioteca Pública Municipal desenvolveu varias actividades durante o mes de febreiro.


Desde cultura.gal tomamos estoutras actividades:

Homenaxe a Rosalía e José Afonso 20 de febreiro, 18:00, Casa Museo Rosalía de Castro - Padrón - A Coruña

A viaxe de Rosalía 21 de febreiro, 18:00, Concello de Fisterra - Fisterra - A Coruña

Airiños aires, Rosalía 22 de febreiro, 20:00, Sala de Exposicións da Deputación de Lugo - Lugo - Lugo

Rosalía e na tinta a rebeldía 24 de febreiro, 18:30, Biblioteca Pública de Ourense - Ourense - Ourense

Celebración aniversario do nacemento de Rosalía 24 de febreiro, 18:30, Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal - Santiago de Compostela - A Coruña

Ilustrando a Rosalía 26 de febreiro, 18:00, Biblioteca Pública de Lugo - Lugo - Lugo

Coñece a Rosalía de Castro 27 de febreiro, 12:00, Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés - A Coruña - A Coruña

Aniversario do nacemento de Rosalía de Castro De 22 de febreiro a 5 de marzo, Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal - Santiago de Compostela - A Coruña

A viaxe de Rosalía 16 de abril, 17:30, Casa da Cultura de Burela - Burela - Lugo

 


 

O Día de Rosalía nos centros de ensino. Propostas da AELG

Desde a AELG, convidamos á comunidade educativa a que se implique de forma activa nesta festa que celebra o nome e a obra da poeta maior de Galicia, chave mestra da nosa literatura e da nosa conciencia como pobo.

Por iso, para expandir o poder da súa palabra entre a xente nova, a AELG convida a  celebrar o  Día de Rosalía de Castro nos centros de ensino con estas accións colectivas de difusión da súa obra:

 

Educación Infantil e Primaria

A AELG propón a elaboración e envío dunha postal cun deseño alusivo ao Día de Rosalía, e cun verso ou estrofa que actúe de estímulo creativo para que rapazas e rapaces realicen un debuxo en torno á figura de Rosalía de Castro. Convidamos a que este traballo se realice na semana previa ao 24 de febreiro, para que ese día concreto se proceda desde os centros a un envío das postais aos enderezos das familias do alumnado, como agasallo rosaliano personalizado pola rapazada. Como texto propoñemos a seguinte estrofa de “Alborada”, tamén de Cantares gallegos:

 

      Canta, paxariño alegre,

      canta!

      Canta porque o millo medre,

      canta!

      Canta porque a luz te escoite,

      canta!

      Canta que fuxeu a noite.

 

Podes descargar aquí en pdf un modelo de tarxeta postal deseñado por Pepe Barro. En formato imaxe, aquí.

 

Educación Secundaria e Bacharelato

Propoñemos o envío masivo e simultáneo dun verso de Rosalía desde os terminais móbiles do alumnado e do profesorado dos centros, baixo a etiqueta #mobilizarosalía. O verso, do poema IV de Cantares gallegos (parte da estrofa 13) é o seguinte:

              Trocando en sonrisas / queixiñas e choros

Que se enviaría través das redes sociais, en calquera das súas múltiples aplicacións e formatos, acompañado dunha imaxe alusiva a Rosalía.

Esta acción pode realizarse, con autorización previa da dirección do centro e supervisión das/os docentes, durante un período concreto de clase ou no período de recreo. Ademais, a AELG convida a toda a sociedade a compartir cos centros esta actividade.

 

 

Agradecemos que os centros nos comuniquen (oficina@aelg.org) a intención de participar desta iniciativa, para a facer constar nesta mesma páxina web e colaborarmos así na súa difusión. Tamén, e co mesmo obxectivo, podedes achegarnos noticia doutras actividades que organicedes, así como toda aquela documentación (gráfica, audiovisual...) que derive da realización do Día de Rosalía no voso centro.

 

Estes son os centros que participaron:

  1. CEE Manuel López Navalón, Santiago de Compostela
  2. CEIP A Carballeira, Lourizán (Pontevedra). VídeoCollage. Postal.
  3. CEIP A Ponte, Lugo. Blog.
  4. CEIP A Ponte, Ourense
  5. CEIP Agro do Muíño, Ortoño (Ames)
  6. CEIP Albeiros, Lugo
  7. CEIP Alexandre Bóveda, Chapela (Redondela). Blog.
  8. CEIP Alfredo Brañas, A Laracha. Actividades.
  9. CEIP Plurilingüe de Andrade, Pontedeume. Actividades.
  10. CEIP Antía Cal Vázquez, Muras
  11. CEIP Antonio Pedrosa Latas, Celeiro (Viveiro). Actividades.
  12. CEIP Celso Currás, Trabada. Blog.
  13. CEIP Couceiro Freijomil, Pontedeume. Actividades.
  14. CEIP Curros Enríquez, Ourense
  15. CEIP da Ramallosa, Teo. Actividades.
  16. CEIP de Arzúa
  17. CEIP de Cespón, Boiro
  18. CEIP de Figueroa, A Estrada.
  19. CEIP de Pousada Carcacía, Padrón. Actividades.
  20. CEIP de Práct. da E.U. de Form. do Profesorado, Ourense
  21. CEIP de Seixo, Marín
  22. CEIP de Vilarmide, Muxía
  23. CEIP de Ardán, Marín. Postais.
  24. CEIP Eduardo Ávila Bustillo, A Veiga do Bolo
  25. CEIP Eduardo Pondal, Vigo
  26. CEIP Emilia Pardo Bazán “Chouzo”, Vigo. Actividades.
  27. CEIP Espedregada, Raxo (Poio)
  28. CEIP Fondo Nois, Foz. Actividades da Biblioteca.
  29. CEIP Joaquín Rodríguez Otero, Buño (Malpica de Bergantiños)
  30. CEIP Mallón, Nigrán
  31. CEIP Merelle, Ordes
  32. CEIP Milladoiro, Malpica de Bergantiños. Blog da Biblioteca.
  33. CEIP Montemogos, Bueu. Actividades. Vídeo.
  34. CEIP Mosteiro De Caaveiro, A Capela
  35. CEIP O Cantel, Foz
  36. CEIP O Salvador, A Pastoriza
  37. CEIP O Sello, Cabral (Vigo).
  38. CEIP Os Casais,  Maniños (Fene)
  39. CEIP Outeiro das Penas, Cesantes (Redondela). Blog. Actividades aquí e aquí.
  40. CEIP Paraixal, Vigo
  41. CEIP Párroco Don Camilo, Vigo. Blog de Normalización. Blog da Biblioteca.
  42. CEIP Pedro Caselles Rollán, Xove. Blog da Biblioteca. Actividades.
  43. CEIP Plurilingue da Pontenova. Actividades.
  44. CEIP Plurilingüe Monte dos Postes, Santiago de Compostela
  45. CEIP Plurilingüe Nº 1, Tui
  46. CEIP Plurilingüe Rosalía de Castro, Carril (Vilagarcía de Arousa). Actividades.
  47. CEIP Plurilingüe Virxe do Carme, Sober. Prezi.
  48. CEIP Ponte dos Brozos, Arteixo. Actividades.
  49. CEIP Rabadeira, Oleiros
  50. CEIP Rodolfo Nuñez, Vilardevós. Actividades.
  51. CEIP Rogelio García Yáñez, Ramirás. Actividades.
  52. CEIP Rosalía de Castro, Lugo
  53. CEIP Salgado Torres (Proxecto Adiante), A Coruña
  54. CEIP San Xoán, Becerreá. Actidades.
  55. CEIP Santa María, As Pontes
  56. CEIP Sobreira-Valadares, Vigo
  57. CEIP Sofía Casanova, Vilaboa-Culleredo. Actividades.
  58. CEIP Víctor López Seoane, Monte Alto (A Coruña)
  59. CEIP Víctor Sáenz, Mazaricos. Blog. Actividades.
  60. CEIP Vistahermosa, Ourense. Modelo de postal
  61. CEIP San Benito de Lérez, Pontevedra. Actividades.
  62. CEIP San Xoán Bautista, Cerdedo. Actividades.
  63. CEIP Xoán de Requeixo, Chantada. Actividades.
  64. CEIP Plurilingüe A Fraga, As Pontes
  65. CEP Carlos Casares, Salvaterra de Miño. Programa de actividadesModelo de postal. Vídeo. Actividades.
  66. CEP Pilar Maestú Sierra, A Pobra do Caramiñal
  67. CEP Seis do Nadal, Vigo. Blog. Postal.
  68. CEP Xosé María Brea Segade, Taragoña (Rianxo). Blog da biblioteca.
  69. Colexio A Inmaculada (Maristas), Lugo.
  70. Colexio Apóstol Santiago (Xesuítas), Vigo
  71. Colexio Bayón, Ribeira
  72. Colexio Concepción Arenal, Ourense
  73. Colexio Fingoi, Lugo. Actividades.
  74. Colexio La Milagrosa, Ribeira
  75. Colexio La Purisima, Ourense
  76. Colexio Plurilingüe María Inmaculada, Silleda
  77. Colexio San Narciso, Marín
  78. Colexio Vigo, Rande (Redondela)
  79. Conservatorio Histórico e CEMU Profesional Contrapunto Histórico, Santiago de Compostela. Cartel.
  80. CDAN Conservatorio Profesional de Danza, Lugo. Vídeo.
  81. CPI Alcalde Xosé Pichel, Coristanco
  82. CPI Cabo da Area, Laxe
  83. CPI de Pontecesures. Actividades.
  84. CPI Eusebio Lorenzo Baleirón, Dodro. Actividades.
  85. CPI O Cruce, Cerceda. aquí e aquí.
  86. CPI Plurilingüe Tomás de Lemos, Ribadavia
  87. CPI Virxe da Saleta, Cea
  88. CPR Cardenal Cisneros, Ourense. Programa de actividades.
  89. CPR Compañía de María, Santiago de Compostela
  90. CPR La Merced, Sarria. Semana de Rosalía en Primaria e en Infantil. Máis actividades.
  91. CPR Mercantil, Vigo
  92. CPR Padre Feijoo Zorelle, Ourense. Podcasts e vídeo.
  93. CPR Plurilingüe María Auxiliadora-Salesianos, Vigo
  94. CPR Plurilingüe Nosa Señora do Carmen-Atocha, Betanzos
  95. CRA A Lagoa, Salvaterra de Miño. O vídeo realizouse na aula de Oleiros e os traballos plasticos na aula de Arantei.
  96. CRA Antia Cal, Peitieiros (Gondomar). Blog da biblioteca.
  97. CRA de Meis
  98. EEI de Barrionovo. Traballos aquí, aquí e aquí.
  99. EEI de Covas, Ames
  100. EEI Nosa Señora do Carme, Marín
  101. EOI, Lugo. Biblioteca.
  102. Escola Rosalía de Castro (escola do Cruceiro), do CRA de Rianxo, Rianxo
  103. IES A Paralaia, Moaña
  104. IE Cañada Blanch, Londres
  105. IES Antón Losada Diéguez, A Estrada. Blog. Cartel. Actividades.
  106. IES Cosme López Rodríguez, A Rúa de Valdeorras. Blog da BibliotecaFacebook do EDL.
  107. IES de Barro
  108. IES de Elviña, A Coruña
  109. IES de Fene. Blog da Biblioteca.
  110. IES Isaac Díaz Pardo, Sada. Vídeo.
  111. IES Lamas de Castelo, Carnota. 
  112. IES Laxeiro, Lalín. Blog. Actividades aquí e aquí.
  113. IES Leiras Pulpeiro, Lugo
  114. IES María Sarmiento, Viveiro. Actividades.
  115. IES Miraflores, Oleiros
  116. IES Nº 1, Carballiño
  117. IES Otero Pedrayo, Ourense
  118. IES Pintor Colmeiro, Silleda. Blog.
  119. IES Ramón Otero Pedrayo, A Coruña. Actividades.
  120. IES Santa Irene, Vigo
  121. IES Santiago Basanta Silva, Vilalba. Blog e Facebook da Biblioteca.
  122. IESP Neira Vilas, Oleiros

 


 

Por outra banda, desde 2011 a AELG vén solicitando aos concellos que declaren o 24 de febreiro como Día de Rosalía de Castro, e así o fixeron:

Allariz, Ames, Baiona, Bueu, Burela, Betanzos, Carballo, Carnota, Cedeira, Cee, Cerceda, Chantada, A Coruña, Entrimo, A Estrada, Fisterra, Foz, A Guarda, Lalín, Lobeira, Melide, Miño, Muros, Narón, Ourense, Padrón, A Pobra do Brollón, Poio, Ponteareas, Pontedeume, Pontevedra, Porto do Son, Redondela, Rianxo, Ribeira, Riotorto, Rodeiro, Rois, O Rosal, A Rúa de Valdeorras, San Sadurniño, Santa Comba, Santiago de Compostela, Teo, Tui, Valdoviño, Vigo, Vilasantar e Xermade.

Sumándose tamén as Deputacións da Coruña e Lugo.

A AELG seguirá a facer chegar aos plenos unha moción neste sentido solicitándolles que recollan esta celebración nas súas programacións culturais.