Unha iniciativa da Escola de Escritores da AELG co patrocinio e colaboración da Deputación Provincial de Pontevedra
Foto da actividade

Pontevedra Ficción

Obradoiro de creación literaria

 

A cargo da escritora Elena Gallego Abad e cunha lección maxistral a cargo de José Benito García Iglesias.

 

Dragóns fantásticos, horribles crimes, apaixonados romances... Todo é posible en Pontevedra. As rúas da cidade, os seus edificios emblemáticos e os seus recunchos esquecidos poden converterse en territorio de novela, permitindo que a creación literaria as transforme ata os límites do maxín.

Neste obradoiro, Elena Gallego Abad conducirá as persoas participantes polos labirintos da escritura creativa e poderán materializar o soño de convertérense en escritoras ou escritores ambientando os seus propios relatos en escenarios, reais ou imaxinarios, da cidade. A creadora da saga literaria Dragal e a novela Sete Caveiras compartirá algúns dos segredos da súa adictiva narrativa, converténdose en cómplice e guiando os trazos desta aventura.

O reto? Coñecer as claves básicas da creación literaria e descubrir as súas potencialidades, materializando un proxecto propio ao remate do obradoiro.

 

Doce sesións de 2 horas (de 17.00 a 19.00)
20 e 22 e 23 de febreiro; 6, 8, 16, 20, 22, 27 e 29 de marzo; 3 e 5 de abril
20 prazas, gratuítas, para persoas maiores de 16 anos
Inscrición
Desde ás 09.00 do día 30 de xaneiro en oficina@aelg.org ou no teléfono 981 133 233
As prazas asignaranse por estricta orde de solicitude.
O obradoiro desenvolverase na Sede do Arquivo Provincial da Deputación de Pontevedra (Rúa Padre Amoedo, 1 - Pontevedra)

 

Todas as sesións pretenden desenvolverse cunha estrutura dinámica e amena. A primeira xornada, de presentación, servirá para fixar os obxectivos persoais de todos os participantes. Con este horizonte, as distintas sesións propiciarán o achegamento a diversas obras de narrativa a través da súa lectura, a realización de exercicios de creación literaria, contarán cun apartado teórico (xéneros, temáticas, técnicas narrativas...) e un último apartado de análise e crítica.
O obradoiro contará coa participación do escritor e investigador José Benito García, divulgador da historia local pontevedresa.