Do 29 de xuño de 2017 ao 30 de xuño de 2017
Co apoio da Consellaría de Cultura
Foto da actividade

O pasado 30 de maio tivo lugar no Pazo da Cultura de Pontevedra a entrega de premios do V Certame de Relato curto, que conta coa colaboración da AELG, quen se comprometeu a ofrecer un obradoiro da súa Escola de Escritoras e Escritores ás persoas autoras dos cinco mellores textos de cada categoría (primaria, secundaria, bacharelato e adultos).

Os días 29 e 30 de xuño, na aula da Escola de Escritoras/es da AELG no Pazo da Cultura, Ledicia Costas exercerá de guía literaria para que estas persoas afonden na súa vocación literaria.

Máis información, aquí.