Unha iniciativa da Escola de Escritores da AELG, co patrocinio e colaboración do Concello de Santiago
Foto da actividade

Proposta

Converter a letra en movemento, encontrar o ritmo que canaliza o sentido da escrita. Traballar textos e texturas. Buscar as sensacións físicas e os efectos cognitivo-emocionais xerados pola escrita.

Exercicios sobre técnicas e metodoloxías centradas no lúdico, na configuración de situacións de acción e personaxes, na emerxencia de voces e na inscrición da oralidade, na direccionalidade das voces, nas cualidades sensoriais e atmosféricas producidas por distintos tipos de interacción verbal.

Obxectivar os criterios da beleza e do gusto respecto á escrita teatral.


 

Calendario e inscrición
- Días: os sábados 3, 10 e 17 de marzo; 7, 14 e 21 de abril; e 5, 12, 19 e 26 de maio
- Horarios: de 11:30 a 13:30
- 25 prazas para persoas maiores de 16 anos
- Inscrición, necesaria e gratuíta, en proxectoscultura@santiagodecompostela.gal.
 
 As prazas asignaranse por orde de solicitude.
 
O obradoiro desenvolverase na Sala Agustín Magán do Centro Sociocultural Santa Marta (Antonio Rama Seoane nº 6), de Santiago de Compostela.