En colaboración coa Concellaría de Cultura do Concello de Santiago de Compostela. Todos ás 20.00.

Estes roteiros, aos que a cidadanía pode sumarse sen necesidade de anotarse, axudarán a coñecer a Compostela literaria da man de catro escritoras e escritores, que nos guiarán en cadanseu particular percorrido. Todos partirán ás 20.00 dos seguintes lugares e días:

14 de xuño: Euloxio R. Ruibal. Estatua de Chillida no Parque de Bonaval.

Está previsto que o roteiro comece no parque de San Domingos de Bonaval e que remate na Praza do Toural  Os participantes percorreremos as principais rúas da zona monumental (Casas Reais, Preguntoiro, Rúa Nova, Rúa do Vilar…) e faremos paradas na praza de Cervantes, praza de san Martiño Pinario, praza da Quintana, praza do Obradoiro, praza de Mazarelos, praza da Universidade… Tamén nos deteremos en espazos de especial simbolismo (Panteón de Galegos Ilustres) ou diante de edificios onde residiron insignes escritores (Murguía, Bouza Brey, López Ferreiro…). Notábel presenza terán tamén escritores contemporáneos do meirande prestixio literario; xa pola súa estreita vinculación coa cidade compostelá (Lorca, Otero, Castelao…), xa por formar parte da sús veciñanza durante logo tempo (Novoneyra, García-Bodaño, Carvalho Calero, Ramón Piñeiro)..

28 de xuño: Marilar Aleixandre. Porta do Hostal dos Reis Católicos.

O roteiro partirá da praza do Obradoiro. Convocamos ás persoas participantes na porta do Hostal dos Reis Católicos e iremos, seguindo o roteiro, polo casco histórico, para despois cruzar a Alameda e acabar no lavadoiro de Cornes.

16 de agosto: Marta Dacosta. Porta da Biblioteca Ánxel Casal

Xoan XXIII, Escaleiras, rúa da Troia, Cervantes, Mazarelos, Rúa Nova, Toural, Alameda.

23 de agosto: Inma López Silva. Estatua de Rosalía na Alameda.

Ferradura, Villar, Catedral, Acibechería, Cervantes, Cinco Rúas, Belvís, Mazarelos e  Praza da Quintana.