9 de maio de 2009
O fallo dos Premios Aelg deuse a coñecer o 9 de maio durante a Cea das Letras. Coa colaboración da Consellaría de Cultura e Turismo, o Centro Español de Derechos Reprográficos e a Dirección xeral de Xuventude e Voluntariado.
Foto da actividade

    Na celebración da Cea das Letras, un dos actos máis importantes na vida da Asociación de Escritores en Lingua Galega, foron entregados os premios á mellor obra publicada no 2008 nas modalidades de ensaio, literatura infantil e xuvenil, poesía, narrativa, tradución, teatro, traxectoria xornalística e blog literario, así como á institución que salientara na defensa e difusión da nosa cultura.

   Os galardóns, concedidos por escritores/as para escritores/as, levan camiño de se afianzar como uns dos de máis prestixio no noso panorama literario.

   Da conxunción de votos emitidos nunha primeira quenda polos asociados/as á AELG -coa participación dos socios/as de Gálix para elixir a mellor obra de Literatura Infantil e Xuvenil e dos membros do Colexio de Xornalistas para a modalidade de Traxectoria xornalística-, elaborouse unha listaxe de obras finalistas correspondentes a cada xénero dos mencionados, sobre a que os socios e socias emitiron de novo o seu voto nunha segunda quenda para elixir as obras gañadoras dos Premios AELG. Unha vez computados os votos, os gañadores do Premio AELG ás mellores obras publicadas no 2008 foron (en amarelo):

 

                                             

 

Literatura infanto-xuvenil (Aelg-Gálix) 

 

A cabeza da medusa, Marilar Aleixandre

Caderno de animalista, Antón Fortes Torres

Fume, Antón Fortes Torres

O libro das viaxes imaxinarias, Xabier P. DoCampo

PAlAbrAs brAncAs, Elvira Riveiro

 

Poesía

 

A melancolía dos corpos, Xulio López Valcárcel

Acendede as almenaras: cántigas de amor, de amigo e de escarnio, Bernardino Graña

Amor Amén, Iolanda Zúñiga

Construcións, Eduardo Estévez

Cultivos transxénicos, Carlos Negro

Hordas de escritura, Chus Pato

Látego de algas, Antón Reixa

Libro de Alicia, Olalla Cociña

Migracións. Rafa Villar

Non son de aquí, María do Cebreiro

O xeito de Freud, Carlos Lema

Reversos: días adiados, Ramiro Fonte

 

Teatro

 

Fume / Insomnio, Rubén Ruibal Armesto e Carlos Losada Galiñáns

Historia da chuvia que cae todos os días, Roberto Salgueiro

Nachtmahr, Raúl Dans

Unha primavera para Aldara, Teresa Moure

 

Ensaio

 

Anti Natura, María Xosé Queizán

Caderno de notas, Jenaro Marinhas del Valle

Fendas abertas: seis ensaios sobre a cuestión nacional, Carlos Taibo

Fin de século en Palestina, Miguel Anxo Murado

Historia de Ourense, Marcos Valcárcel

Miro Casabella e a nova canción galega, Xan Fraga

O espírito da letra. Nove achegas filosóficas a textos literarios, Luís G. Soto

O natural é político, Teresa Moure

Por unha Galiza liberada e novos ensaios, Xosé Manuel Beiras

 

Tradución

 

A conxura dos necios (John Kennedy Toole), Eva María Almazán García

As flores do mal (Charles Baudelaire), Gonzalo Navaza

Cantos e fragmentos (Safo), Raúl Gómez Pato

O xiro postal (Sembène Ousmane), María Isabel García Fernández

Un home na escuridade (Paul Auster), Eva María Almazán García

 

Narrativa

 

A choiva do mundo, Xosé Manuel Pacho Blanco

A verdade como mal menor, X. Luís Martínez Pereiro

Costa Norte/ZFK, Xurxo Borrazás

Festina lente, Marcos S. Calveiro

Memoria de cidades sen luz, Inma López Silva

O libro das viaxes imaxinarias, Xabier P. DoCampo

O profesor de vegliota, Manuel Veiga

O xardín das pedras flotantes, Manuel Lourenzo

Os nomes do traidor, Xurxo Sierra Veloso

Shakespeare destilado, Xesús Constela

 

Xornalismo cultural (Aelg-Colexio de Xornalistas)

 

Ana Romaní

Bieito Iglesias

Camilo Franco

Gustavo Luca de Tena

Marcos Valcárcel

Xosé Manuel Eyré

Xosé Manuel Pereiro

 

Mellor blog literario

 

…mmmm…, Estíbaliz Espinosa, http://estibalizes.wordpress.com

As uvas na solaina, Marcos Valcárcel, http://www.asuvasnasolaina.blogspot.com

Das orixes de marzo, Helena González, http://dasorixesdemarzo.wordpress.com

Lándoa. Marxes de Texto, Arturo Casas, http://landoa.blogspot.com

Henrique Marques-Samyn, Henrique Marques-Samyn, http://marques-samyn.blogspot.com

O levantador de minas, Alfredo Ferreiro, http://olevantadordeminas.blogaliza.org

 

 

   Alén destas categorías, os Premios Aelg constan doutros dous galardóns outorgados pola Asemblea de Socios e Socias da Aelg: o premio para a Institución que se caracterizase polo seu contributo á divulgación da literatura galega en diferentes ámbitos sociais, que este ano foi para a Sección de Literatura do Liceo de Ourense, personificada na figura do seu director desde o ano 2000, Marcos Valcárcel, cuxo labor representa o compromiso da institución coa nosa literatura mediante o desenvolvemento de múltiples actividades relacionadas coa escrita literaria e a figura do escritor/a. E mais o Premio AELG 2009 “Escritora Galega Universal”, outorgado pola Asemblea á escritora mexicana Elena Poniatowska, e que distingue escritores/as que combinan a excelencia literaria co compromiso ético que os converte en referentes para o seu pobo na defensa da dignidade nacional e humana. Aquí pode escoitar unha mostra da literatura da autora na súa voz.

 

    Elena Poniatowska estivo entre nós e tivemos ocasión de gozar da súa presenza nos seguintes actos:

   6 de maio, ás 19.30, no Salón Nobre do Pazo de Fonseca (Santiago de Compostela), nun acto no que se lle entregará a pluma que a suma á listaxe de "Escritores Galegos/as Universais", conformada até o momento polo palestino Mahmoud Darwish, o angolano Pepetela e a cubana Nancy Morejón. A escritora deu unha conferencia precedida dunha laudatio do escritor Manuel Rivas

  7 de maio, Feira do Libro de Santiago de Compostela, presentación do libro "A filla do filósofo", conxunto de relatos da escritora en tradución ao galego coeditado por Galaxia e a Asociación de Escritores en Lingua Galega.

  8 de maio, ás 20.00, na sede da Real Academia Galega, conferencia de Elena Poniatowska co título "A literatura que vén da rúa", dentro do II Encontro Cidade da Coruña coorganizado pola Concellaría de Cultura do Concello da Coruña, co lema Mulleres na Literatura. (Máis información en: http://www.aelg.org/GetActivityById.do?id=129)

  9 de maio, Cea das Letras.

 

 



 

 A Aelg agradece a colaboración da Libraría Couceiro e da Editorial Galaxia, e a presenza dos asistentes á Cea das Letras así como a participación dos asociados no proceso de votación. Así mesmo dá os parabéns ás/aos autoras/es premiadas/os.