Do 19 de outubro de 2012 ao 20 de outubro de 2012
Curso en colaboración coa Asociación Socio-Pedagóxica Galega, para profesorado do ensino non universitario e futuros ensinantes do ensino non universitario.
Foto da actividade

A Área de Cultura da Deputación Provincial de Lugo apoiou un ano máis a celebración destas xornadas, que tiveron lugar no Salón de actos desta institución.

Coordinadas por Antonio Reigosa e Isidro Novo, celebráronse os días 19 e 20 de outubro baixo o lema Os mouros e as mouras: máxicos enigmáticos da mitoloxía popular, e co obxectivo e revisar os avances que as novas investigacións foron achegando sobre este amplo tema.

 

 

• Con esta V Edición, que tivo como lema “Os mouros e as mouras: máxicos enigmáticos da mitoloxía popular”, as Xornadas de Literatura de Tradición Oral xa forman parte do calendario de outono na capital lucense
 
• Consolídanse como formato que combina o estudo, a divulgación e o ensino da literatura de tradición oral
 
• A AELG traballa xa na edición das actas, que serán enviadas aos centros de ensino e bibliotecas da provincia de Lugo antes de fin de ano.
 
Rematou esta edición cun seminario de conclusións, unha sesión eminentemente práctica e participativa na que os/as asistentes tiveron a oportunidade de achegar as lendas de mouros/as das que teñen coñecemento, sexan procedentes da comarca de nacemento ou da de residencia permanente ou temporal. Estas lendas, que constitúen unha mostra representativa da variedade temática e xeográfica deste tipo de relatos, serán incorporadas ao libro de actas das xornadas, xunto cos textos dos relatorios e coas transcricións das mesas de debate. Este libro incluirá tamén un DVD coa gravación en vídeo das xornadas, co obxecto de que se convirta nunha ferramenta útil para a reflexión e o ensino da literatura de tradición oral. Para este efecto, cada centro de ensino da provincia de Lugo recibirá un exemplar antes de fin de ano.
 
As xornadas comezaron onte, venres 19 de outubro, cunha conferencia do antropólogo, escritor e músico tradicional, Rafael Quintía, que supuxo unha excelente introdución a esta mitoloxía que, segundo este autor, permite “unha procura de nós mesmos”, e quen fixo un amplo percorridos sobre o seu reflexo na toponimia e explicou
 
Alexandre Parafita, profesor na Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro, fixo unha exposición sobre estas lendas no país veciño cunha conferencia con título Mouros históricos e mouros míticos: dualidades e complementariedades.
 
Ambos especialistas partillaron posteriormente unha mesa redonda, que se converteu nun interesante debate sobre as hipóteses que as últimas investigacións achegaron sobre esta mitoloxía.
 
A xornada do sábado abriu cunha conferencia da Mar Llinares, profesora da USC e autora de Mouros, ánimas, demonios. El imaginario popular gallego, e diversos artigos sobre antropoloxía e muller en Galicia. Foi precisamente esta última liña de estudo a que desenvolveu para achegar ao público asistente unha reflexión sobre as imaxes femininas na mitoloxía popular galega.
 
Seguidamente foi Jesús Suárez López, responsábel do Arquivo de Tradición Oral no Muséu del Pueblu d’Asturies, quen focalizou a súa intervención nos tesouros dos mouros, achegando testemuñas de persoas que dedicaron moito tempo da súa vida á busca dos tesouros de mouros e mouras en Asturies.

 

 

Vexa aquí o cartel e mais o programa.

 

PROGRAMA

 

19 de outubro, venres
17.00 h.- Acto de inauguración
17:15 h.- Conferencia: Mouros e mouras. Na procura de nós mesmos
Rafael Quintía
18:30 h.- Conferencia: Mouros históricos e mouros míticos: dualidades e complementariedades
Alexandre Parafita
De 20:00 a 21:00 h.- Mesa redonda: Imaxinarios compartidos, historias separadas 
Rafael Quintía e Alexandre Parafita
Modera: Antonio Reigosa
 
20 de outubro, sábado
10:00 h.- Conferencia: Mouras e mulleres: as imaxes femininas na mitoloxía popular galega
Mar Llinares
11:30 h.- Conferencia: Os mouros e os seus tesouros no imaxinario popular asturiano
Jesús Suárez López
De 13:00 a 14:00 h.- Mesa redonda: Mito e realidade: sexo e poder na cultura popular
Mar Llinares e Jesús Suárez López
Modera: Isidro Novo
16:30 a 18:30 Seminario de conclusións
Unha sesión práctica na que mediante o diálogo, a intervención e participación de relatores/as, asistentes y organizadores se poñen en común os coñecementos adquiridos sobre o tema. Atenderanse aspectos como a didáctica e a investigación, así como a narración de lendas relacionadas con mouros e mouras.
 
 
 
 

Moitas e moitos, sobre todo quen ten algún vencello coa Galicia rural, se preguntan desde ben pequenos quen eran esas mouras e eses mouros dos que tanto nos falaban os vellos.
 
-Definición.
A moura, dicíannos, fía, asolla o ouro que posúe, lava, tende, pode ser vella e xigante, aínda que case sempre é nova e boa moza. Está encantada e encanta, pois ofrece amor e riqueza a aquel que ouse desencantala.
O mouro é o construtor, ou iso se di, de case todo o que nos deixou o pasado: castros, mámoas, petróglifos, castelos, túneles…, vive so a terra que nós pisamos, ten moito ouro e pode agasallar con el ao afortunado que se cruce no seu camiño.
 
-A toponimia.
En Galicia existen infinidade de topónimos relacionados con penedos, fontes, pozos, pontes, outeiros e, en xeral, case todos aqueles lugares con pegadas dos nosos devanceiros… que ‘deberon’ pertencer a algún mouro ou a algunha moura.
 
-Hipóteses.
Quen veñen sendo esas mouras e eses mouros? Serán as pegadas que se agochan na memoria colectiva de antiquísimas deidades? Serán os espíritos dos nosos devanceiros mortos? Serán un paradigma de nós mesmos, un retrato do ideal que anceamos e non damos acadado? E por lle chamamos mouras e mouros se quen os viu os describe coa figura dun humano, aínda que máis feita, de pel branca e beleza delicada?
Os mouros e as mouras non son coma nós, son seres míticos, máxicos e enigmáticos, pertencentes a unha realidade, ou dimensión, diferente á nosa, dos que sempre falamos cunha mestura de medo e respecto,  a medio camiño entre a incredulidade e a esperanza na súa verdadeira existencia.
Os múltiples traballos de recompilación realizados ata o de agora por diferentes investigadores en épocas distantes achégannos retratos bastante precisos sobre onde moran, que fan ou que comen, como visten, cómo van e veñen, gustos, afeccións, habilidades, que artes e maxias dominan … e tamén os males que os afectan, as penas que os deprimen … Reflíctese neles todo o humano, pero non son humanos, así que nos seguimos preguntando, quen veñen sendo esas mouras e eses mouros?
Sempre que un mouro ou unha moura tratan algo con un humano, aparecen dúas condicións que para eles son innegociables: hai que gardar o segredo e hai que cumprir o acordado. Mais o humano, ou sexa nós, cada un de nós, endexamais somos quen de cumprir ese mandado.
Será por iso, polo que non acabamos de entender en realidade quen son eses mouros e esas mouras?
Só os poñentes que interveñen nestas V Xornadas de Literatura Oral, todos eles/as especialistas recoñecidos tanto en Galicia, como en Portugal e Asturias, son quen de darnos as respostas precisas. Só eles son quen de desvelarnos o misterio que envolve a figura destes máxicos enigmáticos que chamamos mouros e mouras.
 
 

 

Rafael Quintía Pereira

Nado en Vigo no ano 1971. Licenciado en Antropoloxía Social e Cultural, Licenciado en Ciencias Empresariais, escritor e músico tradicional.

É membro fundador da Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA) e da asociación cultural e formación de música tradicional Os Chichisos. Foi tamén socio fundador do Grupo de Estudos Etnográficos Serpe Bichoca.

É autor dos seguintes ensaios:

Para cantar veño eu! Unha viaxe pola cultura musical galega da man dos Chichisos (2011)

A Nosa señora da Lanzada. Antropología de un santuario costero (2011)

Deuses, Mitos e Ritos do Monte do Seixo. Unha proposta interpretativa en clave céltica (2010)

Así como de diversos artigos etnográficos publicados en distintas revistas. Colaborou tamén na obra colectiva Poema Río do Gafos (2012) e no libro Monte do Seixo, reivindicación da Montaña Máxica (2007), do escritor Calros Solla.

Gañou o Premio de investigación Luis Cuadrado 2010 polo seu traballo A Nosa Señora da Lanzada. Estudio antropológico de un santuario marítimo.

Dirixe a publicación Fol de Veleno. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza, herdeira do fanzine Fol de Veleno que fundou no ano 2006.

É codirector do documental Monte do Seixo, a Montaña Máxica (2009), codirector e c-guionista do documental Sete Camiños, encrucillada do tempo (2011), director e guionista do documental Comuneiros. Cen anos de vida e loita polo monte de Salcedo (2011) e codirector e coguionista da curtametraxe documental Noite de Reis cos Chichisos (2012).

 

 

Alexandre Parafita 

Natural de Sabrosa (Alto Douro, norte de Portugal). Tem o Doutoramento em Cultura Portuguesa e o Mestrado em Ciências da Comunicação, na especialidade de Antropologia da Comunicação.

É professor na Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro (UTAD) e investigador nas áreas do património cultural imaterial e da mitologia nacional, para além de escritor. Enquanto investigador, faz parte da equipa incumbida de realizar o “Arquivo e Catálogo do Corpus Lendário Português”, no âmbito da Fundação para a Ciência e Tecnologia (FCT).

Como escritor, é autor de mais de 40 livros, muitos dos quais fazem parte do Plano Nacional de Leitura (PNL).

Publicadas nas principais editoras nacionais (Texto Editores, ASA, Gailivro, Porto Editora, Oficina do Livro, Plátano, etc.), eis algumas das suas obras mais conhecidas:

  

  • A Mitologia dos Mouros
  • O Maravilhoso Popular
  • A Comunicação e a Literatura Popular
  • Antologia de Contos Populares (2 vols.)
  • Património Imaterial do Douro – Narrações Orais (2 vols.)
  • Antropologia da Comunicação
  • Chovia Ouro no Bosque
  • A princesinha dos bordados de ouro
  • Branca Flor, o Príncipe e o Demónio
  • A mala vazia
  • Diabos, diabritos e outros mafarricos
  • Bruxas, feiticeiras e suas maroteiras
  • Histórias de arte e manhas
  • Contos de animais com manhas de gente
  • Histórias a rimar para ler e brincar
  • Memórias de um cavalinho de pau
  • Vou morar no arco-íris
  • O rei na barriga
  • Pastor de rimas
  • O tesouro dos maruxinhos
  • Lobos, raposas leões e outros figurões
  • Contos ao vento com demónios dentro
  • Balada das Sete Fadas
  • Contos de Animais como contaram aos pais dos nossos pais
  • Magalhães aos olhos de um menino

 

 
Mar Llinares

Licenciada e doutora en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago. Especialista en mitoloxía popular galega, e actualmente traballa en cuestións relacionadas coa teoría arqueolóxica. Ten publicados os seguintes libros: 

  • Mouros, ánimas, demonios. El imaginario popular gallego, Madrid, Akal, 1990
  • valor da arqueoloxía (xunto con X.C. Bermejo Barrera), Ed. Lóstrego, Santiago de Compostela, 2006
  • Historia das mulleres en Galicia. Prehistoria e Idade Antiga, Nigratrea, Santiago de Compostela, 2010
  • Los lenguajes del silencio. Arqueologías de la religión, Madrid, Akal, 2012. 

Tamén ten publicados numerosos artigos, entre os que destacamos os seguintes, os máis relacionados co tema das xornadas: 

-       “Introducción”, e traducción en J.J. Bachofen, El matriarcado, Madrid, Akal, 1987, pp. 5-14.

-       “La Reina Lupa entre la leyenda literaria y la tradición popular”, Cuadernos de Estudios Gallegos, XXXVIII, 103, 1989, pp. 299-320.

-       “Blancaflor: análisis de un cuento gallego”, Trabalhos de Antropologia e Etnologia, Porto, XXX, 1990, pp. 95-105.

-       “Antropoloxía e muller en Galicia: balance provisorio e perspectivas de futuro”, en X. Castro e X. De Juana (dirs.), IX Xornadas de Historia de Galicia. A muller na Historia de Galicia, Ourense, Diputación de Ourense, 1995, pp. 7-21.

-       “Aspectos antropológicos del rol de la mujer en la cultura popular gallega”, en Rita Radl Philipp e Mª Carme García Negro, (eds.), As mulleres e os cambios sociais e económicos, Universidade de Santiago de Compostela, 1995, pp. 97-112.

-       “Textos para la historia de las mujeres en Galicia. Edad Antigua” (en col.), en Mª Xosé Rodríguez Galdo (coord.), Textos para a historia das mulleres en Galicia, Santiago de Compostela, Consello da Cultura Galega, 1999.As voces de Clío: a palabra e a memoria da muller na Galicia, Santiago de Compostela, 2009, pp. 51-64.

 
 
Jesús Suárez López
 
Doutor en Filoloxía pola Universidade de Oviedo. Membro da comisión de seguimento do Plan Nacional de Salvagarda do Patrimonio Cultural Inmaterial. Desde 1996 é responsable do Arquivo da Tradición Oral no Muséu del Pueblu d'Asturies.
 
Autor de diferentes publicacións sobre literatura de tradición oral, entre as que cabe destacar os seguintes libros:
  • Nueva colección de romances asturianos (1997)
  • Cuentos del Siglo de Oro en la tradición oral de Asturias (1998)
  • Tesoros, ayalgas y chalgueiros: la fiebre del oro en Asturias (2001)
  • Cancionero secreto de Asturias (2005)
  • Cuentos medievales en la tradición oral de Asturias (2008)
Actualmente realiza un traballo de investigación sobre “Fórmulas máxicas na tradición oral de Asturias: Invocacións, ensalmos e esconxuros”.