Co apoio da Deputación Provincial de Lugo

Con esta iniciativa da súa Sección de Literatura de Tradición Oral, a Asociación quere dar continuidade a unha colaboración coa Deputación de Lugo que pretende darlle a importancia que merece a esta parte fundamental da literatura e que axuda a converter a capital lucense nun referente neste ámbito. A xornada será o sábado 21 de outubro de 2017 e terá lugar no Salón de Actos da Deputación de Lugo.

Obxectivos

  • Achegar ao profesorado coñecementos para o seu traballo na aula en relacion coa cultura popular tradicional.
  • Facilitar un foro de reflexión útil ao profesorado para comprender os valores da nosa cultura tradicional.
  • Incidir en prácticas e coñecementos que posibiliten o desenvolvemento de habilidades cognitivas en relación coa cultura popular.

Contidos    

  • As Palabras con Memoria na Literatura de Tradición Oral (palabras esquecidas, toponimia relacionada coa mitoloxía popular, antropónimos, hidrónimos....)
  • Busca e identificación das Palabras con Memoria.
  • Explotación didáctica transversal das Palabras con Memoria, con especial incidencia nos contidos de Literatura de Tradición Oral.