Adela
Figueroa

Adela Figueroa Panisse, naceu en Lugo, e viviu en Pontevedra, onde desenvolveu a maior parte do seu labor profisional, participando na maioría dos eventos que teñen a ver coa cultura e a educación en Galicia. Xa de estudante participa como vogal da Asociación Cultural O Galo (Santiago de Compostela) e mais adiante como profesora de Instituto (é catedrática de Bioloxia e Xeoloxia) nos Movimentos de Renovación Pedagógica desde o seu inicio.

Participou no 1º congreso de Movimentos de Renovación Pedagóxica de Barcelona representando á AS-PGP ás Xornadas do Ensino e a Revista O Ensino. Como representante desta última participou no Encontro da Unificaçao Ortográfica (Rio de Janeiro) convidada pola Academía de Ciências e Letras do Brasil. Foi cofundadora da ASPG, e da Revista do Ensino, da que foi Directora. Tamén participou na fundación de ADEGA. Foi colaboradora científica do Semanario A Nosa Terra durante os primeiros anos da sua andaina.

Foi membro da ISSOL (Asociación internacional para a investigación da orixe da vida), participando en varios congresos da Asociación, coincidendo con Lynn Margulis, J. Oro, S. Miller, R. Guerrero, así como da Asociacion Española de Biotecnologia. Traballou na Universidade do Minho (Braga) no Dep de Química Pura e Aplicada, xunto co Dr Hernâni Maia, e no Instituto da Educaçao, co Dr Elias Blanco como bolseira do Instituto de Lingua e Cultura Portuguesa.

Foi colaboradora do Colexio Oficial de Biólogos de Galiza e da Asociación de Ensinantes en Ciencias de Galiza (ENCIGA).

Ten traballado para UNICEF no departamento de Educación para o Desenvolvimento. O Medio Ambiente e o ensino centran o seu traballo, participando activamente na normalización lingüística e cultural de Galiza, asi como o devir cultural de aquén e alén Minho. Por iso participou e continúa a participar en numerosos eventos que teñen que ver coa súa profisión, tanto a un lado como ao outro do Minho.

É master en Educación Ambiental pola UNED-Fundación Universidad Empresa.

Participou activamente na Plataforma Nunca Máis de Lugo e en ADEGA.

Foi Presidenta de ADEGA entre o 2005 e 2010. Continúa a traballar nesta organización como vogal.

Colaboradora da Editorial ECIR ten publicado diversos libros de texto para ESO e Bacharelato. (De 1º a 4º curso da ESO).

En colaboración con Celsa Sánchez Váquez elaboración dos Xogos Educativos: Loita contra o Lume editados pola Xunta de Galiza.
Paneis Educativos de Educación Ambiental, editados pola Xunta de Galiza.

Ten publicado dous libros de poesía: Vento de Amor ao Mar 2003, e Xanela Aberta 2008 na Editorial O Castro.
2011: Madeira de Muller, un libro de relatos en chave femenina. Ed. O Castro.

Colabora coa Revista de Poesía do Concello de Lugo Xistral e con outras publicacións como Portal galego da Lingua, Mundo Galiza, etc.

En 2011 publica, O Rei da Floresta, libro de contos para nenos Editorial O Castro impreso en UNICOPIA, Lugo. Ilustracións de Celsa Sánchez Vázquez. Prólogo de Anxo Moure. O Apalpador é a figura principal desta colectánea de historias que o Tío Nicandro vai relatando a Martiño, un meniño das montanhas do Courel.

[Xaneiro, 2012]