Alejandro
Tobar

Nacín en xullo de 1983 na cidade de Lugo. Nos últimos quince anos, vivín en Madrid, Marsella, Copenhaguen e Santiago de Compostela. Estou empadroado na capital dende o verán de 2011. Traballo como tradutor literario para empresas de Galicia e de fóra, case sempre dende o inglés cara ao galego. Así mesmo, son o responsable de Hugin e Munin, unha editorial que publica exclusivamente narrativa estranxeira en galego e que depende, en esencia, da súa base de subscritores.

Publiquei unha soa novela, Cremalleiras (Tris Tram, 2008).