Alva
Martínez Teixeiro

ALVA MARTÍNEZ TEIXEIRO (A Coruña, 1982), narradora, tradutora e ensaísta, é Professora Auxiliar de Literatura e Cultura Brasileiras no Departamento de Literaturas Românicas da Faculdade de Letras (FLUL) e investigadora integrada do Centro de Literaturas e Culturas Lusófonas e Europeas (CLEPUL) da Universidade de Lisboa.

É Licenciada en Filoloxía Portuguesa (2005) pola Universidade de Santiago de Compostela e Mestre –coa tese O Discurso da Violência na Literatura Brasileira Contemporânea – O Policial Carioca: Rubem Fonseca e Luiz Alfredo Garcia-Roza (2008)– e Doutora (Mención Europea e Premio Extraordinario) –coa tese A Obra Literária de Hilda Hilst e a Categoria do Obsceno – Entre a Convenção e a Transgressão: o Erótico-Pornográfico, o Social e o Espiritual (2010)– pola Universidade da Coruña.

Foi bolseira da Fundação Calouste Gulbenkian –“Bolsa de Investigação de Cultura Portuguesa para Estrangeiros 2011”)– para unha estadía posdoutoral, con pesquisa sobre a obra de Sophia de Mello Breyner Andresen, no Centro de Estudos Humanísticos (CEHUM) da Universidade do Minho e na Biblioteca Nacional de Portugal (BNP).

Fóronlle outorgados o “IV Premio Centro Ramón Piñeiro de Ensaio Breve” (2006) á obra A pretensa nostalxia da autoridade, o “Premio do “XVII Certame de Narracións Breves Manuel Murguía” (2008) ao relato "Un domingo amarelo para dentro" e o “Prêmio do IV Concurso Internacional de Monografias” (2014) do Itamaraty (Ministério das Relações Exteriores do Brasil) ao ensaio A linha de sombra de uma suspeita lição de zoologia.

Publicou as narrativas “Un domingo amarelo para dentro” no volume Tres merlos brancos (2008) e “Nós três somos de Paris” (Darandina. Revista Eletrônica, 2009 [http://www.darandina.ufjf.br/index.html]).

Os seus traballos de investigación, publicados em actas de congresos, artigos e libros, focan as Literaturas Brasileira, Galega e Portuguesa, así como as relacións entre arte e escrita no mundo contemporáneo.

De entre as súas publicacións, destacan os libros monográficos Maktub – Da Retórica na Ficção de Raduan Nassar (2006), A pretensa nostalxia da autoridade – Unha interpretación parcelar d’O porco de pé de Vicente Risco (2007), O Herói Incómodo – Utopia e Pessimismo no Teatro de Hilda Hilst (2009) e Nenhum vestígio de impureza – Da necessidade estética na ética e na poética de Sophia de Mello Breyner Andresen (2013).

Alén de outras obras de carácter técnico, publicou a súa tradución do romance de Sérgio Luís de Carvalho Os peregrinos sen fe (2007).

[Febreiro, 2014]

ALVA MARTÍNEZ TEIXEIRO (A Coruña, 1982), narradora, tradutora e ensaísta, é Licenciada en Filoloxía Portuguesa (2005, Universidade de Santiago de Compostela), Diplomada en Estudos Avanzados (2007, Universidade da Coruña) e Doutora en Filoloxías Galega e Portuguesa (2010, Universidade da Coruña).

Especializada en Literatura Brasileira, en 2008 presentou a súa Tese de Licenciatura O DISCURSO DA VIOLÊNCIA NA LITERATURA BRASILEIRA CONTEMPORÂNEA (O POLICIAL CARIOCA: RUBEM FONSECA E LUIZ ALFREDO GARCIA-ROZA) e, en 2010, a súa Tese de Doutoramento [Mención Doutora Europea] A OBRA LITERÁRIA DE HILDA HILST E A CATEGORIA DO OBSCENO (ENTRE A CONVENÇÃO E A TRANSGRESSÃO: O ERÓTICO-PORNOGRÁFICO, O SOCIAL E O ESPIRITUAL).

Fóronlle outorgados o “IV Premio Centro Ramón Piñeiro de Ensaio Breve (2006)” á obra A pretensa nostalxia da autoridade (Unha interpretación parcelar d’O porco de pé de Vicente Risco) e o “Premio do XVII Certame de Narracións Breves Manuel Murguía (2008)” ao relato "Un domingo amarelo para dentro".

Publicou as narrativas “UN DOMINGO AMARELO PARA DENTRO” no volume Tres merlos brancos (2008) e “NÓS TRÊS SOMOS DE PARIS” (Darandina. Revista Eletrônica, 2009 [http://www.darandina.ufjf.br/index.html]).

Ten publicado varios traballos sobre diferentes aspectos das literaturas en lingua galega e portuguesa, de entre os cales, para alén de diversos artigos, capítulos de libro e comunicacións, destacan os libros monográficos MAKTUB. DA RETÓRICA NA FICÇÃO DE RADUAN NASSAR (2006), A PRETENSA NOSTALXIA DA AUTORIDADE (UNHA INTERPRETACIÓN PARCELAR D’O PORCO DE PÉ DE VICENTE RISCO) (2007) e O HERÓI INCÓMODO (UTOPIA E PESSIMISMO NO TEATRO DE HILDA HILST) (2009).

Ademais de outras obras de carácter técnico, publicou a súa tradución do romance de Sérgio Luís de Carvalho OS PEREGRINOS SEN FE (2007).

[Decembro, 2010]