Antón
Fortes Torres

Sarria, 1957.

Estudou Filoloxía Románica, Galego­-Portuguesa e Hispánica na Universidade de Santiago de Compostela, e na actualidade exerce como Catedrático de Lingua Galega e Literatura no IES Sanxillao de Lugo. Realizou igualmente estudos de lingua e literatura na Universidade Paul Valéry de Montpellier e nas Faculdades de Letras de Coimbra e Lisboa.

No ano 1997 publicou Figuras masculinas de meio-corpo (Espiral Maior), con prólogo de Xosé María Álvarez Cáccamo, Premio Legais 2001; e no 2001, Sexto Fetiche. Pertence ao Colectivo "Círculos Líticos", integrado por Isidro Novo, Lois Diéguez, etc.