Anxo
Fariña

Vigo, 1977. Licenciado en Belas Artes. Escritor, ilustrador e Director de Arte.

Anxo Fariña é un coñecido autor que compaxina o traballo creativo co contacto directo cos seus lectores, que comprenden un amplo espectro entre os 2 e os 40 anos debido á súa variada obra (mais de corenta libros publicados).

Gañador do premio Merlin en 2011 e do Frei Martín Sarmiento en 2012. Entre o 2005 e o 2008 está a desenvolver unha campaña de promoción da lectura e a creatividade que o levou a visitar mais de 250 centros de ensino (infantil, primaria e secundaria).

A través das súas historias e das súas ilustracións crea dun xeito divertido un vínculo entre os mozos e os libros. Destaca a súa gran capacidade empática co público mais novo, e a súa posta en escena, así como a presenza en Salóns do libro, obradoiros de ilustración, conferencias para docentes, ou en novidosas campañas de promoción do galego como “Graffiti e letras”, Creando historias con Anxo Fariña. Recentemente deseñou a idea xeral para un novo proxecto de Lecto-escritura con Editorial Oxford. Na mesma editorial é autor de materiais educativos para infantil no eido da creatividade.

[Marzo, 2014]

WEBS SOBRE O AUTOR