Arantza
Portabales

Donostia, 1973. Filla de emigrantes galegos que retornan a Galicia no 1985 (Marín). Licenciada en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, é funcionaria da Escala Superior de Finanzas da Xunta de Galicia.

Iníciase como escritora no ano 2013, cultivando o xénero do microrrelato, tendo participado en libros colectivos como 40 plumas e pico, As Palabras Contadas, Lectures d’Espagne, volume 2, Purorrelato de Casa Africa, volume 2 e Escribo3. Regularmente publica microficción no seu blog Unha nube de historias

Resultou gañadora e finalista de diversos certames literarios: Relatos en Cadea, Wonderland e Esta Noche Te Cuento. En outubro de 2015 publicou o seu primeiro libro de microrrelatos A Celeste la compré en un rastrillo.

A súa primeira incursión na narrativa galega prodúcese con Sobrevivindo, novela que resultou gañadora no verán de 2015 do XV Premio de Novela por entregas de La Voz de Galicia e que foi publicada pola editorial Galaxia en outubro dese mesmo ano.

En outubro de 2017, publícase a súa segunda novela. Deixe a súa mensaxe despois do sinal. (Editorial Galaxia)

[Novembro, 2017]

WEBS SOBRE A AUTORA