Basilio
Losada

Basilio Losada Castro (Láncara, 1930), o primeiro catedrático de Filoloxía Galega e Portuguesa na Universitat de Barcelona, é autor de numerosos estudos críticos sobre a literatura galega, portuguesa e brasileira. Traduciu máis de 150 libros en sete linguas, de autores como Jorge Amado, Saramago, Rosalía de Castro, Pere Gimferrer… Recibiu, entre outros premios, o Premio Nacional de Traducción, a Creu de Sant Jordi, a Comenda da Ordem do Infante Dom Henrique, que outorga o goberno portugués, a Ordem do Cruzeiro do Sul, de Brasil, e a Medalla Castelao da Xunta de Galicia.

Xubilouse como catedrático o ano 2000, aínda que continúa impartindo clases nos programas de diversas universidades norteamericanas na UB. Aos 70 anos publicou o seu primeiro traballo de ficción, a novela La peregrina (con tradución ao italiano de Giuseppe Tavani), ambientada na Idade Media, período no que é un gran experto.

[Xullo, 2012]