Carlos Caetano
Biscaínho Fernandes

Fernando Osorio do Campo. Unha vida sen treguas
 Ensaio (Biografía)
 xuño de 2017
 Fernando Osorio do Campo continuaba a ser un misterio para a nosa historiografía dramática. Fóra da súa participación no movimento teatral das Irmandades da Fala durante o ano 1919 -en que estivo á frente do Conservatorio Nacional de Arte Galega-, tan só chegaran a nós algúns detalles biográficos sorprendentes através da crónica vital publicada por Grial en 1971. O presente texto achega unha ollada demorada polo fascinante percurso vital de Fernando Osorio, pola súa obra dramática completa e pola participación cultural e política do actor. Edicións Embora