Celia
Díaz

Son licenciada en Filoloxía Galego-Portuguesa e en Filoloxía Hispánica e tamén diplomada en Maxisterio.

Resido en Ourense, onde exerzo como profesora de lingua galega e literatura en ensino medio, actividade que compaxino coa docencia universitaria na Facultade de Ciencias da Educación .

- [2004] 1º Premio Pura e Dora Vázquez de Creación Literaria. Deputación de Ourense, pola obra narrativa Adeliña.

- [2004] II Premio Internacional Barriga Verde de Textos para monicreques (modalidade infantil) pola obra Cataventos e cía. ou a verdadeira historia de Amanda, a princesa, e Leonardo, o poeta.

- [2007] 1° Premio no XL Concurso "Breogán" de Contos convocado polo Centro Galego de Baracaldo, polo relato Un tango na noite.

- [2011] IX Premio de Literatura Infantil e xuvenil "Pura e Dora Vázquez", pola novela Rugando.

- [2016] Premio de Teatro Infantil O Facho, pola obra O castelo de Pena Redonda, o máis tolo da contorna.

[Xuño, 2016]