Cristina
Corral Soilán

De paseo con Helena
 Literatura infanto-xuvenil
 xuño de 2017
 Hoxe iremos de paseo con Helena e co seu avó Luís. Con ela e con el percorreremos a cidade de Pontevedra e coñeceremos todas esas historias interesantes que sabe Luís e que lle vai ir contando á súa neta, e tamén a nós, por suposto, para que poidamos seguir mantendo na cabeza todas as cousas que pasaron nesta bonita cidade galega. Quedade con nós, fitade a paisaxe, isto é Pontevedra, vamos de viaxe!