Domingo
Tabuyo

Datos sobre o autor

Pontevedra 1959. Dende moi novo trasladouse a Marín.

Reside en Cambados, onde casou. Ten dous fillos.

Licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela. Especialidade de Arte.

Profesor de Ensino Secundario con destino no IES Asorey de Cambados

Membro da Asociación de Escritores en Lingua Galega

Membro do PEN Clube Escritores de Galicia.

Colaborador de diversas publicacións culturais como: Rollo Klave, Poesía de Galicia, Ría do Ocio do Faro de Vigo, Cerna, Enormic Banda..

Realizou análise e crítica literaria na Guía dos Libros novos e no Faro da Cultura, Suplemento do Faro de Vigo.

Participante, moderador e organizador de múltiples actos literarios, culturais, exposicións, conferencias, presentación de libros, recitais etc, destacando: Participación e colaboración na organización do 1º Congreso da Poesía Galega, celebrado en Vilagarcia de Arousa no ano 1997.

Membro do Comité Organizador do Ano Cabanillas en Cambados 2009.

Coordinador das Xornadas: “Ramón Cabanillas e a Modernidade na Poesía Galega”, Cambados 27-28 de Novembro de 2009, organizado polo PEN Clube e a Dirección Xeral de Libros Arquivos e Bibliotecas do Ministerio de Cultura.

Membro do Comité Organizador do Ano Asorey en Cambados 2011.

Articulista semanal no Diario de Arousa, dende Decembro 2011.

Concelleiro e Portavoz do Grupo do PSdeG-PSOE no Concello de Cambados, entre os anos 1992-2011.

Deputado por Pontevedra no Congreso nas VIII e IX Lexislatura: entre Marzo 2004 e Setembro 2011, polo PSdeG-PSOE.

Obra Publicada

Poemario Manual de Urxencias e Retornos, accésit do Premio González Garcés 1993, Deputación da Coruña, A Coruña.

Poemario Balsaín Blues, Premio Concello de Ourense 1997.

Poemario: Nos tempos de Invernía, Premio Avelina Valladares do Concello da Estrada, 1999.

Poemario A Luz Secreta, 2002, Colección Tambo da Deputacion de Pontevedra.

Poemario Cadernos de París, 2010, Edicións da Frouma, Follas Novas Santiago de Compostela.

Novela Carmín, 2002, Edicións Xerais de Galicia.

Infantil e Xuvenil: A Viaxe de Vionta, Ed. Everest Galicia 2007

Novela: Svea Kött, 2011, Edicións Xerais de Galicia.

Colectivos

Vis a Vis: 36 poemas e unha idea, Vilagarcia 1997

Vento Mareiro: aniversario dun libro mítico, Cambados 1998

O Cancioneiro e o Mar, Vilaxoán de Arousa, 1998.

Abraço. Poesía Colectiva. Ediçao AALF, Freamunde, Portugal, Xullo 2002.

Negra Sombra, Espiral Maior/Xerais/Federación de Libreiros, 2003 (Contra a Marea Negra)

Poetas con Rosalía, V encontro, Padrón 2010.

[Febreiro, 2014]

Domingo Miguel Tabuyo Romero

- Pontevedra 1959

- Casado. 2 fillos.

- Residíu en Marín e Ferrol. Dende 1985 vive en Cambados.

- Licenciado en Xeografia e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela. Especialidade en Arte Moderno e Contemporáneo.

- Profesor de Ensino Secundario con destino no IES Francisco Asorey de Cambados.

- Dende marzo do 2004, Deputado no Congreso en Madrid polo PSdeG-PSOE

Participante e animador de diversas actividades culturais, entre as que destacan:

- Foi membro da Asociación Cultural Santa Compaña de Cambados.

- Ponente e colaborador na organización do 1º Congreso de Poesía Galega celebrado en Vilagarcía de Arousa no ano 1997.

- Membro do Comité de Redacción da revista de Estudios Sociais do Barbanza.

- Membro do Consello de Redacción de PARNASUR, revista literaria galego-portuguesa.

- Ponente e colaborador nas la Xornadas sobre Cabanillas. ExpoSalnés, Cambados 1999.

-Colaborador en diversas publicacións culturais tales como: "Faro da Cultura" (suplemento do Faro de Vigo), Guia dos Libros Novos, Rollo Klave, Poesía de Galicia, Cerna, Enormic Banda, "Ria do Ócio" do Faro de Vigo, etc.

Bibliografia

En Poesia:

- [1993] Manual de Urxencias e Retornos (A Coruña, Deputación Provincial), ilustrado por Menchu Lamas. Foi accésit do premio González Garcés no 1993.

- [1998] Balsaín Blues (Espiral Maior). Premio Cidade de Ourense de Poesia 1997, Ilustrado por Xurxo Alonso.

- [2002] A Luz Secreta (Pontevedra, Deputación Provincial) Colección Tambo.

- [1999] Nos Tempos de Invernia, Premio Avelina Valladares do Concello da Estrada 1999. No prelo, ilustrado por Saul Otero.

En Narrativa:

- [2002] Carmín, en Edicións Xerais de Galicia, Vigo. Colección Fóra de Xogo.

Colectivos:

- [1997] Vis a Vis: Trinta e seis poemas e unha idea.

- [1998] O Cancioneiro e o Mar, Vilaxoán de Arousa, maio.

- [2002] Abraço, Poesia colectiva, ediçao AALF, Freamunde xullo.

- [2003] Negra Sombra, Espiral Maior/Xerais/Federación de Libreiros.