Eduardo
Gutierrez Fernández

Naceu en Ribadeo en 1948. Ao longo da súa vida mantivo sempre compromisos culturais e políticos coa súa terra. É membro fundador da Asociación Cultural Francisco Lanza de Ribadeo. Tamén foi director teatral, conferenciante e autor de varios artigos.

No eido literario publicou tres ensaios: A lingua é o noso escudo (1978), Introdución ao "Sempre en Galiza" (1986) e Alexandre Bóveda en "A Nosa Terra" (1987); por este último traballo recibiu o Premio de Ensaio da Asociación Cultural Alexandre Bóveda en 1987. Ademais disto, participou en publicacións colectivas e encargouse da edición, limiar e notas da obra de Francisco Lanza Falan os de Ribadeo, publicada por Edicións do Castro en 1974.

[Novembro, 2013]