Eduardo
Santiago Soto

Eduardo Santiago Soto

Naceu no ano 1964 en Pontevedra, nunha aldea de Salcedo chamada O Casal.

Lector compulsivo desde a adolescencia, máis tamén apaixonado das matemáticas, comezou a dar mostras da súa inclinación pola utopía, entendida como modelo alternativo afastado da realidade pero que critica esa mesma realidade, cando no ano 1982 o seu traballo foi seleccionado polo comité español para a participación na Segunda Conferencia das Nacións Unidas sobre a exploración e utilización do espazo extraterrestre con fins pacíficos.

Diplomado en Ensinanza Xeral Básica, nunca chegou a exercer como mestre, e desde o ano 1990 traballa na Administración periférica do Estado Español.

Obra publicada:

2044, Editorial Galaxia.

A teoría do tempo imaxinario, Urco editora.

O Gran Reino, Xerais.

[Outubro, 2015]