Eladio
Medel

Nacín en Maside (Ourense) en maio de 1973. Talvez o feito de nacer e vivir a miña infancia nun lugar de interior, determinou en min a voz do poeta e o viño enfiado. O meu recordo preferido dos meus anos en Maside ten que ver co monte do Carballo: lembro que meus avós me levaban rega-lo millo por inmersión coa forza do pozo que enchía dous tanques.

En Maside pasei toda a infancia e adolescencia, e alí foi tamén onde comecei a cultivar as que aínda hoxe son as miñas grandes paixóns: a literatura e o ciclismo.

Un día de primavera de 1997 comecei a escribir unha historia, que resultou gañadora do Premio de narracións breves "Frouma" do Concello de Barbadás. No ano 2010 resultei gañador do Premio de poesía "O Grelo" da Fundación Amigos de Galicia e o Concello de Vilagarcía de Arousa, ese premio volveu convertido en libro coa publicación de Fóra do muro.

Licencieime de Dereito en Ourense onde asemade obtiven o Diploma de Estudos Avanzados; escollín Dereito porque ao ver o Carballo convertido en matogueira quixen comprende-lo senso da lei da fraga. En Ourense exerzo a miña profesión de avogado e mediador.

Continúo a escribir poesía.

[Febreiro, 2014]

FORMACIÓN ACADÉMICA

2008/2009 III Curso de Postgrado de Experto en Fiscalidade.

1999/2001 Programa de Doutorado en Dereito Político Universidade de Vigo.

2000 Avogado Colexiado número 1165 do Ilustre Colexio de Ourense.

1999 Licenciado en Dereito Universidade de Vigo.

1999 Curso Director de Persoal e Recursos Humanos.

PUBLICACIÓNS

2005 Administración Pública. Coautor deste manual para o Grao Superior de Administración e Finanzas. Edicións Grupo Academia Postal.

PREMIOS LITERARIOS

2010 Gañador do Premio de poesía "O Grelo". Fundación Amigos de Galicia. Concello de Vilagarcía de Arousa. Publicación do poemario Fóra do muro.

1997 Gañador do Premio de narracións breve "Frouma". Concello de Barbadás.

[Maio, 2012]