Eli
Ríos

Nacín en Londres ao mesmo tempo que o punk rock pero, ao pouco tempo, regresei ás terras de Ordes onde me criei.

Despois de moitas voltas e reviravoltas decidín instalarme ao pé do castro de Elviña. Aquí agromaron os seguintes libros:

- nós escoitando o badalo de marienplatz (XII Premio de poesía Concello de Carral, 2009), Culleredo, Espiral maior, 2010.
- rúa da cancela (IV Premio de poesía erótica lilas Sisargas, 2009), Malpica. Caldeirón.
- Maria (I Premio de Poesía Figurante), 2013, O Figurante.
- Anamnese (II Premio de Poesía Manuel Lueiro Rey), 2014, Sotelo Blanco.
- Diario de fotogramas (Segundo premio do I Concurso de Poesía Centro Recreativo de Artes), Concello de Riveira, 2014.
- Remexido de patacas (XL Certame de Narracións Curtas Modesto Rodríguez Figueiredo), Catoira, 2014.
- Doe tanto a túa ausencia (XVIII Certame Francisco Añón de Poesía), Concello de Outes, 2015.
- Bicha (XII Premio Pura e Dora Vázquez de Narración), Deputación de Ourense, Ourense, 2015.
- Marta e a píntega, Galaxia, 2016.
- Mulleres bravas da nosa historia: María Victoria Moreno, Urco Editora, 2016.
​- Luns (I Premio Torrente Ballester para obras en galego da Deputación da Coruña, 2016), Xerais, 2017
- Café intenso (I Premio de Poesía Rosalía de Castro de Padrón, 2015) Concello de Padrón, 2017.
- Culpable ( IV Premio de Poesía Gonzalo López Abente, 2017)

Colaboro como crítica literaria na revista dixital de crítica literaria feminista A Sega.

[Agosto, 2017]