Eulalia
Agrelo Costas

(Asados, Rianxo, 1974) Graduada en Filoloxía Galego-Portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela. Entre os ano 1998-2000, traballou como contratada no proxecto “Informes de Literatura”, que se desenvolve no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades baixo a dirección de Blanca-Ana Roig Rechou. Na actualidade, segue a colaborar neste e noutros proxectos do citado Centro, como é o de “Dicionarios de Literatura”, dirixido por Anxo Tarrío Varela, e o de “Narrativa Recuperada”, dirixido por Modesto Hermida. Así mesmo, é membro do Grupo de Investigación “Investigacións literarias, artísticas, interculturais e educativas. Lecturas textuais e visuais” (LITER 21) e membro da secretaría da Rede Temática de Investigación “As literaturas infantís e xuvenís do marco ibérico. A súa influencia na formación literaria e lectora” (LIXMI). Participou en diversos congresos, encontros e xornadas sobre a literatura infantil e xuvenil galega e sobre a literatura galega en xeral, ademais de colaborar en diferentes volumes, catálogos, revistas e xornais. Por outra parte, foi docente na Universidade de Deusto (2003-2009) e, na actualidade, é profesora de lingua e literatura galega no ensino medio.

[Xaneiro, 2011]