Farruco
Graña

Nado en Carballo (1966), establecido en Ribadeo (Lugo), é profesor de Filosofía no IES Marqués de Casariego, en Tapia de Casarego (Asturies). Ten presentado traballos en varias edicións da Semana Galega de Filosofía, así como en Cursos de Formación do Profesorado. Ten colaborado coa prensa local tanto da Mariña de Lugo (El Progreso-A Mariña, La Comarca del Eo, La Voz de Galicia) como de Bergantiños (La Voz de Galicia, El Ideal Gallego), así como nos xornais dixitais Vieiros, Xornal.com, Praza Pública, Galicia Confidencial, etc.

No verán de 2007 publicou O bosque de Nadgor. A.C. Francisco Lanza. Ribadeo. Ten colaborado en varias obras de carácter colectivo (tanto literarias como de ensaio). No verán de 2015 viu a luz a súa segunda novela, O soño de Xoán.

[Febreiro, 2016]