Heidi
Kühn-Bode

Heidi Kühn-Bode

3-7-1945

Baviera, Alemania

1968 Galicia

Casada, tres fillas e dous netos chamados Albertiño ou Albertinchen en alemán, de sete anos, e Juanchiño ou Hänschen, de 5 anos.

Filóloga, escritora, profesora e traductora (preferentemente de lírica galega)

Escribo en galego, alemán, castelán e inglés.

A MIÑA PATRIA É A LITERATURA

Premio Estornela da Fundación Xosé Neira Vilas, pola obra Os mundiños 2003

Premio Amicus Poloniae da revista Polen, Varsovia, 1978

ANOS 2005 E 2006

Estou a escribir Pommern meine liebe, a versión alemana da novela Pomerania meu amor, así coma Pomerania mi amor, a versión en castelán.

Dedicada á investigación literaria, estou a facer o doutoramento sobre Henry James, e non descarto iniciar posterior- ou simultáneamente traballos de investigación literaria en feliz compaña da ilustre profesora Pilar García Negro.

Reviso e actualizo as miñas traduccións ao alemán de poesías de Miguel Anxo Fernán-Vello, Luz Pozo Garza, Marica Campo, Yolanda Castaño, Xulio Valcárcel, Estíbaliz (Espinosa), María Xosé Queizán, Manuel María, María do Cebreiro, Manolo Rivas, Fran Alonso e outros poetas.

Revisión e Lectorado de dúas novelas en galego e alemán, escritas no ano 2004. Revisión e Escritura en alemán dunha obra de teatro en castelán chamada Los apasionados amores de Yorinde e Yoringuel, mais dunha obra de teatro en alemán chamada Der Krieg der Äpfel, cuxa versión en castelán leva o título: La guerra de las manzanas. Revisión e lectorado, para a súa publicación, do meu libro ilustrado por J. de Geus, The garbage and me (O lixo mais eu), escrito a bordo do barco Sirius de Greenpeace.

Fotografía de Xurxo Lobato