Henrique
Dacosta

Nado en Ferrol en 1964. Profesor de Lingua Galega e Literatura, e escritor. Desempregou o cargo de Técnico Especialista en Lingua Galega na Comisión de Educación, Cultura e Deportes do Concello de Fene, onde tamén elaborou o estudo Fene e a súa Toponimia. Achegas para unha comprensión, aínda pendente de publicación. Ten obtido o Carvalho Calero, na vertente de creación literaria, coa novela Mar para todo o sempre, en 1991; en 1993, coa colección de relatos Sobre comboios, janelas e outras pequenas histórias; e, en 2007, con Unha mada de doce relatos; todos eles publicados por Laiovento. Foi finalista con Ruiva mulher de esperança no I Certame de Relato Curto, Asociación Cultural Cidade Vella, 1989, de Santiago de Compostela, relato curto publicado xunto con outros cinco (doutros tantos autores) so o título de Muralla de Crescórnio, na editorial A Nosa Terra.

Publicou outros relatos como "Diálogo de xordos", en Longa lingua. Os contos da Mesa, Edicións Xerais, Vigo, 2002; "Ouro maldito", en Seis ferroláns, Edicións Embora, Ferrol, 2003; "Cabo do mundo", en Premios Pedrón de Ouro. Certame de Narración Breve Modesto R. Figueiredo. XXXII e XXXIII certame, Ediciós do Castro, Sada-A Coruña, 2008. Publicou as novelas Os desherdados, Edicións Embora, Ferrol, 2006; e O prezo da tentación, Edicións Embora, en 2008. En 2007 publica o manual de literatura Ferroláns na Historia da Literatura Galega, Edicións Embora, Ferrol.

Colabora habitualmente no suplemento Nordesía do Diario de Ferrol. Ten publicado artigos e investigacións en diversos tipos de revistas e periódicos (Agália, A Nosa Terra, Ferrolanálisis, Crónica de Ferrolterra, Columba, O Sil, Ólisbos, Poesía Galicia, etc.), e ten participado como relator en distintos congresos e xornadas sobre lingua galega.

[Febreiro, 2009]