Joaquim
Ventura Ruiz

Joaquim Ventura Ruiz naceu en Barcelona o 7 de xullo de 1954. Actualmente reside en Premiá de Mar (Maresme). Licenciado en Filoloxías Galega e Portuguesa pola Universitat de Barcelona (1993) e doutor en Filoloxía Románica pola mesma universidade (1997), coa tese El Grup Nós i la cultura europea: autoretrat duna generació, que obtivo a calificación de apto cum laude por unanimidade. Gañou o Premio Letras Galegas (Universidade de Santiago de Compostela) nas edicións de 1992 e 1993.

Alén de poeta en catalán (Premi Universitat de Barcelona, 1992; Premi Philologi, 1993), en galego colabora en prensa como columnista de opinión (O Correo Galego, despois Galicia Hoxe) e como crítico literario en diversas publicacións, entre elas Faro de Vigo. Como ensaísta publicou O nacionalismo kármico de Vicente Risco (Laiovento, 2000), finalista do Premio Nacional de la Crítica, e fixo a edición anotada de Doutrina e ritual da Moi Nobre Orde Galega do Santo Grial, de Vicente Risco (Xunta de Galicia, 1997).

Alén de investigador da literatura galega tanto da súa época medieval como da contemporánea, con máis de trinta traballos, tamén é tradutor ao catalán de autores galegos como Eduardo Blanco Amor, Ramón Otero Pedrayo, Álvaro Cunqueiro e Fermín Bouza Brey. Colaborou no proxecto da Enciclopedia Galega de Hércules Edicións co capítulo da narrativa entre 1916 e 1936.

[Setembro, 2016]