José Manuel
Blanco Prado

É licenciado en Filosofía e Letras e doutor en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela. Na actualidade exerce como profesor numerario de Filosofía no I.E.S. Xoan Montes de Lugo. Foi socio fundador da Asociación de Amigos do Conxunto Histórico-Artístico de Sargadelos.

Colabora con temas relacionados coa antropoloxía, etnografía e historia en distintos boletíns e revistas culturais: Anuario Brigantino, Boletín do Museo Provincial de Lugo, Caderno de Estudios Chairegos, Castiñeiro Milenario, Croa, Diario "El Progreso" de Lugo y provincia, Estudios Mindonienses, Lucensia, Lucus, Pena do Encanto etc.

Realizou as seguintes obras: As Romaxes da Terra Cha, Deputación, Lugo, 1982. Religiosidad popular en el Municipio de Begonte, Deputación, Lugo, 1991. Exvotos e rituais nos santuarios lucenses, Deputación, Lugo, 1996.

Como coautor, figura nos seguintes libros: Begonte, pasado y presente, Alvarellos, 1987. Cruces e cruceiros do Municipio de Begonte, Deputación de Lugo, 1988. Catálogo de cruceiros da Terra Cha: Cruceiros de Castro de Rei e Outeiro de Rei. Ed. do Castro, 1998. Cruceiros de Guitiriz. O Castro, 1999. Cruceiros de Begonte, Cospeito e Rabade. O Castro. 2000. Cruceiros, Cristos e Cruces da Pastoriza. O Castro, 2002. Cruceiros, Cristos e Cruces de Xerrnade. O Castro, 2004. Esmoleiros, Cruceiros, Cristos e Cruces de Abadin, O Castro, 2006. Cruceiros, Cristos e Cruces de Muras. I.E.S.C.H. (Instituto de Estudios Chairegos), 2009. Cruceiros de Vilalba, I.E.S.C.H. (Instituto de Estudios Chairegos), 2011.

No ano 2004 levou a cabo, no Mesón do Forno (Lugo), a primeira exposición do Entroido na provincia de Lugo. No ano 2011, realizou a segunda no mesmo espazo e lugar. No ano 2013, levou a cabo unha nova no Museo Provincial de Lugo e a terceira no Mesón do Forno (Lugo). Tamén colabora en revistas dixitais como Galicia Encantada (Revista. Issn. 1887-2859) e Culturas Populares (lssn. 1886-5623). Asimesmo colabora no portal dixital, GaliciaDixital.com (Apartado: Galegos). No intre actual é coordinador de artigos e traballos da revista dixital "Etnografía", ligada ao Mesón do Forno. Finalmente, nos últimos anos tomou parte na obra de tres tomos referente a "Tempos de Festa en Galicia"

Ata o intre actual acadou as seguintes distincións: IX Certamen Literario de la Tierrallana (1972). Premio de periodismo Manuel Mato Vizoso (Concello de Vilalba) nos anos 1982 e 1984. Premio Cal da Loba no ano 1999 (Brigadas en Defensa do Patrimonio Chairego). Foi nomeado Milagrosista 1997.

[Outubro, 2015]