Mario
Caneiro

Non deixa de ser curioso que sendo o acto de escribir unha mostra de vanidade, xa que so de vanidade podemos falar cando pensamos que temos unha voz que aportar ao mundo da literatura, non deixa de ser curioso dicía, que tras esta vanidade o que peor leve un sexa ter que falar ben dun mesmo. Teño a costume de minimizar aquelas ocasións nas que alguén valorou o meu traballo, mais isto non deixa de ser unha descortesía con eles, xurados ou editores, así que logo vaia aí un resumo a xeito de Currículo. Por outra banda, cada un destes pequenos fitos tiveron no seu momento a importancia dun animoso golpiño nas costas dalguén que é basicamente un escritor dubidoso sempre de si mesmo.

Supoño que debo dicir que nacín en Narón en 1969 e despois de anos de practicar a escrita como vicio solitario, decidín probar sorte no mundo exterior cos seguintes resultados:

2002: Mención honorífica no III certame Ágora conto.

2002: Publicación dun relato no libro colectivo Os relatos do Verán 2002- Editorial Ir Indo.

2007: 2º premio do IV certame de narrativa Concello de Ames.

2009: Publicación dun relato na revista INFOXOVE por mediación da AELG.

2010: Segundo premio no VII certame de narrativa do Concello de Ames.

2010: 1º premio do "III certame Rosa de Cen Follas" que organiza o "Colexio de Psicólogos de Galicia".

2011: Relato premiado no "I certame de relatos Tempos Dixitais" que deu lugar a unha publicación colectiva.

2012: Publicación de Homiños. Edicións Barbantesa.

2013: 1º premio no X Certame literario Concello de Ames.

2015: Publicación de Nunca quise ser niño, a tradución de Homiños publicada por Pulp Books.

2015. Publicación de Emparellados e Tres nenas. Editorial Barbantesa.

[Setembro, 2015]